FONDO LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
(CURSO 2022/23)
* * *
Publícase a orde da Consellería na que se establecen as bases e prazos para a solicitude do Fondo solidario de libros de texto e para a solicitude de axudas para adquisición de libros e material escolar para alumnado de ESO no vindeiro curso.
Normativa legal
A normativa legal pola que se rexirá todo o procedemento é a indicada na Orde do 29 de abril de 2022 [DOG do 18 de maio] que se pode consultar completa no enlace de abaixo. Inclúese ademais un extracto da mesma orde coa información máis relevante para as familias.
- Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23 [DOGA do 18 de maio]
- Extracto da Orde do 29 de abril
- Alumnado con reserva de praza no centro: o prazo de solicitude iníciase o día 19 de maio e remata o día 22 de xuño.
- Alumnado de incorporación tardía: o alumnado que deba incorporarse ao centro fóra do prazo ordinario disporá dun mes de prazo para solicitar o Fondolibros contado a partir da formalización da súa matrícula. En ningún caso se tramitarán solicitudes con posterioridade ao 31 de marzo.
- Alumnado que repita 4º de ESO e aquel que non obteña praza en FPBásica: se non tivese presentado solicitude de participación no fondo solidario no prazo ordinario, tamén poderá presentala no prazo de un mes desde a formalización da matrícula.
Lugares de presentación
- Vía electrónica. As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros da Consellería de Educación a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.
- No propio centro de ensino. Tamén poderán presentarse cubertos no centro de ensino no que estea admitido ou teña reserva de praza en horario de atención de secretaría (mañás de 09:00 a 14:00 horas).
- Rexistros oficiais. Poderán presentarse as solicitudes en calquera rexistro oficial dos establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Formularios do Anexo I e Anexo II da Orde cubertos.
- Fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar para resolver posibles dúbidas nos datos dos formularios.
- Documentación complementaria que corresponda da que se indica no Artigo 12 da Orde. A saber:
- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2016, poderán acreditar o número de membros utilizando outros medios (sentenza xudicial de separación ou divorcio, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor/ certificado ou volante de convivencia/ informe de servizos sociais).
- Certificación do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Resoución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en sitación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou de órgano equivalente do concello onde resida a familia, no cado de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.
Listaxes do Fondolibros
Listaxes provisionais. De acordo coas bases da convocatoria, publicaranse as listaxes da resolución provisional con data límite de 11 xullo. Téñase en conta que o alumnado pendente de examinarse en setembro que ten aínda os libros para preparar as probas de recuperación quedará excluído nas listaxes provisionais ata a súa devolución e posterior matrícula en setembro.
Os participantes no proceso disporán de dous días para facer alegacións contra as listaxes provisionais.
Listaxes definitivas. Publicaranse o 22 de xullo.
INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE AS LISTAXES: De acordo coas bases da convocatoria e coas instrucións da Consellería de Educación, as listaxes poderán consultarse unicamente a través da aplicación informática ou en persoa na Secretaría do centro.
DEVOLUCIÓN DE LIBROS. NOTA IMPORTANTE
Os libros de texto obtidos do fondo solidario ou a través das axudas para material escolar no curso 2020-21 deberán devolverse no centro en bo estado antes do 7 de xullo. Para o alumnado que deba examinarse en setembro, a secretaría habilitará os medios para que poida dispor dos libros necesarios durante o verán ata o día 9 de setembro, data máxima para a súa devolución. A non devolución de TODOS OS LIBROS PRESTADOS implicará a perda automática do dereito ao fondo no curso seguinte.