Os alumnos de economía 4º e 1º Bacharelato estiveron de novembro a marzo participando no Programa Young Business Talents, simulador empresarial que permite practicar a toma de decisións dentro dunha empresa, mediante unha competición a nivel nacional.
Todos os equipos do IES Plurilingüe Elviña chegaron ás semifinais, acadando algúns deles moi boas posicións. O equipo formado por Julia e Ainhoa (4ºB) foi o mellor clasificado. Na imaxe, o diploma acreditativo.