INFORMACIÓN SOBRE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR
Para o alumnado que teña interese en acudir ás probas oficiais de acceso a ciclos formativos de FP de grao medio e superior, vense de publicar o Borrador da Orde de convocatoria que as regula en todos os seus aspectos (matrícula, organización, realización, estrutura e outros). Para calquera interesado, remítese ao texto completo do borrador da Orde dispoñible no enlace. En todo caso, resúmense a continuación algúns datos de interese sobre calendario, matrícula e características das probas:
I. CALENDARIO
PROBAS ACCESO GRAO MEDIO | PROBAS ACCESO GRAO SUPERIOR | |
Inscrición | 2 ao 13 de marzo | 10 ao 19 de febreiro |
Listaxes provisionais | 3 de abril | 6 de marzo |
Reclamacións | 14 ao 17 de abril | 9 ao 13 de marzo |
Listaxes definitivas | 8 de maio | 27 de marzo |
Lugares das probas | 8 de maio | 27 de marzo |
PROBA | 28 de MAIO | 23 de ABRIL |
Cualificacións provisionais | 10 de xuño | 11 de maio |
Reclamacións | 10 ao 15 de xuño | 12 ao 15 de maio |
Cualificacións definitivas | 22 de xuño | 1 de xuño |
Certificacións nos centros | A partir do 23 de xuño | A partir do 3 de xuño |
II. MATRÍCULA, CARACTERÍSTICAS DAS PROBAS
A. PROBA DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO
Requisito básico: o alumnado deberá ter cumpridos 17 anos ou deberá cumplilos no mesmo ano da realización da proba.
Lugar de matrícula:
a. calquera centro que teña ciclos de grao medio na súa oferta educativa.
b. vía on line desde a plataforma da xunta (www.edu.xunta.es/fp) cubrindo o formulario ED312C (dispoñible a partir da data de inscrición tamén na sede electrónica da xunta sede.xunta.gal). En todo caso, haberá que imprimir o resguardo e entregalo na secretaría dun centro que oferte ciclos.
Importante: o centro no que se entregue a documentación será determinante para a asignación do lugar de realización da proba que corresponda.
Estrutura da proba: a proba consta de tres partes.
a. Parte sociolingüística: proba de lingua castelá, proba de lingua galega e proba de ciencias sociais.
b. Parte matemática: proba de matemáticas.
c. Parte técnico-científica: proba de ciencias naturais e proba de tecnoloxía.
Para aprobar a media das tres partes debe ser superior ao 5. Nengunha parte debe obter calificación inferior a un 4. Poden consultarse modelos de exames dos anos anteriores neste enlace.
B. PROBA DE ACCESO A CICLOS DE GRAO SUPERIOR
Requisito básico: o alumnado deberá ter cumpridos 19 anos ou deberá cumplilos no mesmo ano da realización da proba.
Lugar de matrícula:
a. calquera centro que teña ciclos de grao medio na súa oferta educativa.
b. vía on line desde a plataforma da xunta (www.edu.xunta.es/fp) cubrindo o formulario ED312D (dispoñible tamén a partir da data de inscrición na sede electrónica da xunta sede.xunta.gal). En todo caso, haberá que imprimir o resguardo e entregalo na secretaría dun centro que oferte ciclos.
Importante: o centro no que se entregue a documentación será determinante para a asignación do lugar de realización da proba que corresponda.
Estrutura da proba: a proba consta de dúas partes.
a. Parte común: proba de lingua castelá, proba de lingua galega e proba de matemáticas.
b. Parte específica (con tres opcións, a escoller a que se desexe):
Opción A. Economía, lingua estranxeira (francés/inglés) e filosofía.
Opción B. Debuxo técnico, tecnoloxía industrial e física.
Opción C. Ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.
Para aprobar a media das dúas partes debe ser superior ao 5. Nengunha parte debe obter calificación inferior a un 4. Poden consultarse modelos de exames dos anos anteriores neste enlace.