O pasado día 31 de Outubro celebrouse no noso centro o Samaín con diversas actividades. Coa Biblioteca e os andares do instituto engalanados para a ocasión, os membros do Club de Lectura Elvilendo, fixeron unha terrorífica lectura de varios relatos axeitadamente sinistros.
Disque houbo berros arrepiantes e son de cadeas na Biblioteca ao longo de todo o día: seguramente espíritos de antigos exalumnos apesadumbrados aínda pola posibilidade de exames parciais... Polo visto, tamén durante a noite, algúns veciños escoitaron son de ósos e risos cadavéricos. Abofé que os defuntos tiveron abondo que gozar coa lectura dos nosos rapaces!
O noso compañeiro Carlos Silva editou o vídeo da espantosa xornada e o temos dispoñible na súa conta de youtube. Velaí o tedes... Para que pasedes uns minutos de horror! Estades avisados... Vós veredes!
Mentres isto sucedía no instituto, os alumnos de 4º de ESO asistían no Teatro Colón da nosa cidade á tradicional representación do Don Juan Tenorio de José Zorrilla, en versión do grupo de teatro local afeizoado Noite meiga. Estes tamén pasaron un bo rato coas andanzas do famoso conquistador romántico.