Na tarde do 9 de maio visitou o noso instituto o escritor galego Alfredo Conde. Nesa reunión coñecimos parte da súa obra, da cal a maioría da xente non oíramos falar; este autor é pouco coñecido no conxunto de España a diferenza doutros países nos que non só é coñecida a súa antoloxía senón tamén é estudada e analizada por diversos críticos da literatura.
Aínda que o escritor non manifesta dificultade para falar en español escribiu a maioría dos seus libros; case todos novelas ou relatos a excepción dalgunha peza teatral e algún poema escrito na súa mocidade en galego.
A xornada trancurriu fluída e entretida amenizada pola actitude do conferenciante cuxas anécdotas e experiencias nos levaron ata o final da charla.
Vídeo recollido da videoteca da AELG