O poder da palabra. 40 anos do Parlamento de Galicia.
1981-2021 é o título da exposición que visitaron os grupos de 1ºCMXA e 1ºCSFA do IES de Sabón o mércores 18 de maio na Coruña, na “sala de Exposicións de Afundación”, para repasar os feitos máis salientables das catro décadas de vida do Lexislativo galego, desde a súa constitución, o 19 de decembro de 1981 no Pazo de Xelmírez, ata a actualidade.
A exposición está integrada por 24 paneis, un vídeo divulgativo e 17 vitrinas con documentación histórica e bibliografía relacionada co proceso de configuración da autonomía de Galicia.