Skip to Content

Administración

Pilar Martínez (Xefa de Departamento)

LA VOZ DE GALICIA- BIBLIOTECA IES DE SABÓN "DE 0 a 100" ENTREVISTA Ó DIRECTOR DE MÁRKETING DE BONILLA

O luns 22 de xaneiro o grupo de 1ºCSAF presencia na biblioteca do IES de Sabón, no abeiro do convenio que ten "La Voz de Galicia" coa "Consellería de Cultura, Educación e Universidade" a gravación dun vídeo para o programa "De 0 a 100". Este proxecto dirixido a emprendedores entrevista o director de Márketing da empresa "Bonilla a la Vista" Diego Armando García sobre a historia, expansión e situación actual da empresa.

 

SABÓN EMPRENDE.23: XESTIÓN DOS RRHH, ORZAMENTO E FORMAS DE FINACIAMENTO

O pasado 9 de xaneiro concluíron as sesións conxuntas dos grupos de 1ºCSAF e 2ºCSAF iniciadas o 19 de decembro de 2023, para tratar os temas correspondentes a "Organización e organigrama" e o "Financiamento inicial" da Cooperativa Glega de traballo asociado.

Queda aprobado en reunión da asemblea xeral de socios o logo da S.Coop.

SABÓN EMPRENDE: VISITA OFICINA DE ABANCA DE VILARRODÍS.

Na tarde do xoves día 19 de outubro de 2023, o grupo de 1ºCSAF acompañados pola xerente do AEPI Marta Marzoa e a profesora Mª del Pilar Martínez Souto visitan a oficina de Abanca en Vilarrodís 

 

SABÓN EMPRENDE: VISITA NOTARÍA

Dentro das actividades previstas no porxecto "Sabón Emprende" o grupo de 1ºCSAF realiza visita á Notaría de D. Federíco José Cantero Núñez na Travesía de Arteixo 2. Acompaña o grupo a xerente do AEPI Marta Marzoa e a profesora Mª del Pilar Martínez Souto.

o Notario explica....

VISITA "PORTO DE A CORUÑA" "PORTO EXTERIOR-ARTEIXO"

O día 19 de outubro de 2023 os grupos de 2ºCMXA e 2ºCSAF realizaron unha visita os portos de A Coruña e Arteixo, programada pola profesora Rocío Penado López e acompañados por Mª del Pilar Martínez Souto.

Na cidade da Coruña, visitaron o porto do centenario e a lonxa de peixe.

Distribuir contido


by Dr. Radut