O alumnado con materias pendentes de 1º de Bacharelato terá as probas de avaliación durante a semana do 18 ao 22 de maio. A información específica de cada materia será comunicada polos docentes correspondentes.
Para resolver calquera dúbida relacionada coa orientación educativa pódense dirixir ao correo mostrado máis abaixo. O horario de atención dos correos recibidos serán os martes e xoves de 12-13 horas.
Mañá mércores 15 de Abril, reúnese o ministerio de educación e as distintas CC.AA., polo que ao longo desta semana teremos novas sobre como proceder de cara o desenvolvemento da 3ª avaliación.
Unha vez coñecidas as medidas, procederemos a súa comunicación polos distintos medios ao noso alcance.