O pasado xoves 23 de xuño, o noso alumno Pablo Añón, de 2º de Bacharelato, recolleu o seu premio e recoñecemento aos mellores expedientes de bacharelato, nun gran acto en Santiago (Fontes do Sar), organizado pola USC. Podedes ver o acto na seguinte ligazón.
O pasado martes 21 de xuño, o alumno de 1º de Ciclo Medio de Instalacións Electrotécnicas, Abdel Jalil Mahdaoui Mañana, acadou o primeiro posto no concurso oraganizado por Asinec. Podedes ver o contido na ligazón
A partir da iniciativa do equipo do voluntariado da biblioteca levamos a cabo unha actividade consistente na celebración dun coloquio sobre “identidade sexual” cunha mesa de debate sobre experiencias diversas e as súas problemáticas.