O proxecto eTwinning Aprendizaje interdisciplinar en tiempos de COVID-19, que recibira o Selo de Calidade Nacional no mes de xuño, ven de acadar o Selo de Calidade Europeo.
O proxecto foi desenvolvido durante o curso 20/21 polo IES de Poio, o Agrupamento de Escolas de Muralhas de Minho de Valença e o IES Iturrama de Pamplona. No IES de Poio participou alumnado de Latín de 4ºESO C e alumnado de Ciencias aplicadas á actividade profesional de 4º ESO D. Nos tres centros escolares traballaron entre dous e tres docentes de diferentes materias, pois o proxecto buscaba unha abordaxe multidisciplinar.
- Mellorar competencias clave, fundamentalmente a competencia dixital e lingüística, así como a competencia en ciencia e as competencias sociais e cívicas.
- Traballar medidas e hábitos de prevención fronte á COVID 19.
- Profundizar no coñecemento e difusión dos protocolos COVID dos centros escolares.
- Estudar o impacto emocional da crise sanitaria.
- Crear entornos dixitais seguros para a ensinanza multidisciplinar en liña das diferentes materias implicadas no proxecto.
O proxecto foi avaliado por alumnado e profesorado e se publicaron tanto os resultados como unha análise dos mesmos.
Esta é a ligazón ao Twinspace do proxecto.
Ver esta publicación en Instagram