Skip to Content

CONVOCATORIA REUNIÓN ANPA

A ANPA do IES de Poio convoca ás familias do alumnado a unha reunión informativa o 4 de outubro ás 20:30 no Salón de Actos do instituto.

 

TITORÍAS 2022/2023

Lémbrase ás familias que para solicitar información ás persoas titoras sobre o alumnado deben facelo a través da aplicación ABALAR con antelación suficiente para que a persoa titora poida recabala. Así mesmo, lembrámoslles que a xustificación de ausencias do alumnado hai que facela mediante dita aplicación.

LISTADO DE PERSOAS TITORAS CURSO 2022-2023

GRUPO

PERSOA TITORA

Hora de titoría

1ºESO A

Dª Mª do Carme González Bueno

Mércores - 10:50

1ºESO B

Dª Yolanda Garrido Aguete

Martes - 10:50

1ºESO C

D. Francisco Blanco Sanmartín

Venres  - 10:50

1ºESO D

Dª Ángeles Pandelo Lorenzo

Mércores - 10:50

2ºESO A

Dª Mª Elena Buján Blanco

Xoves - 9:40

2ºESO B

Dª Mª Esther Fernández Pérez

Venres - 10:50

2ºESO C

D. Víctor Gómez González

Luns - 11:40

2ºESO D

D. José Antonio Salgueiro Aquino

Mércores - 11:40

2ºESO PMAR

Dª Lidia Garrido Gómez

Venres - 11:40

3ºESO A

Dª Inés Montero García

Martes - 11:40

3ºESO B

Dª Irene Barreiro de la Torre

Martes - 11:40

3ºESO C

Dª Paula López Senín

Martes - 11:40

3ºESO PDC

Dª Rocío Pérez Ramírez

Martes - 11:40

4ºESO A

Dª Sabela García García

Martes - 10:50

4ºESO B

Dª Rita Molinos Castro

Mércores - 10:50

4ºESO C

Dª Mª Mercedes Noya Souto

Martes - 10:50

1º BAC A

Dª María Milagros Sánchez Blázquez

Xoves - 11:40

1º BAC B

Dª Paloma Fernández de Córdoba e Cancela

Xoves - 11:40

2º BAC A

D. Alfonso Ferreiro Monteagudo

Xoves - 10:50

2º BAC B

Dª Laura Fernández Sasiaín

Xoves - 09:40

1º CICLO MEDIO

Dª Laura Fernández Rodríguez

Venres - 10:50

2º CICLO MEDIO

D. Carlos Besada Rico

Xoves - 9:40

 

CLAUSTRO CURSO 2022-2023

BIOLOXÍA

  • Crugeiras Martínez, Mª Jesús - Xefa de departamento
  • Pandelo Lorenzo, Mª Ángeles

DEBUXOGaiteiro Pérez, Pablo Daniel - Xefe de departamento 

ECONOMÍAFernández Sasiaín, Laura- Xefa de departamento

EDUCACIÓN FÍSICA

  • Barreiro de la Torre, Irene
  • Besada Rico, Carlos - Xefe de departamento
  • Fernández Rodríguez, Laura
  • Gutiérrez Matilla, Mª Isabel
  • Miranda Verísimo, Roberto
  • Torres Pazos, Sergio

FILOSOFÍA

  • Bragado Trigo, Montserrat
  • Sánchez Blázquez, Mª Milagros - Xefa de departamento

FÍSICA E QUÍMICA

  • Álvarez Gutiérrez, Laëtitia - Xefa de departamento
  • Gómez González, Víctor
  • López Senín, Paula (imparte Bioloxía coma materia afín)

FRANCÉS

  • Noya Souto, Mª Mercedes- Xefa de departamento
  • Montero García, Mª Inés
  • Rodríguez García, María - Directora

INGLÉS

  • Buján Blanco, Elena
  • García Doval, Ainara
  • Garrido Aguete, Yolanda
  • Otero Serrano, Arantxa- Xefa de departamento

LATÍN-GREGO: Fernández Vázquez, Mª Carmen - Xefa de departamento

LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA

  • Couso Miguélez, Celia
  • García García, Sabela
  • Gómez Arias, Mª del Rocío - Coordinadora biblioteca
  • Rodríguez Puy, Maider - Xefa de departamento

LINGUA GALEGA E LITERATURA

  • Bará Louro, Sabela - Vicedirectora
  • Fernández de Córdoba e Cancela, Mª Paloma- Xefa de departamento
  • González Bueno. Mª do Carme
  • Molinos Castro, Rita
  • Touriño Touriño, Vanesa

MATEMÁTICAS

  • Alonso Macías, Víctor
  • Fojo Lage, Yolanda
  • García Rodríguez, Elena - Xefa de estudos
  • Pérez Ramírez, Rocío
  • Torrado Alonso, Carlos
  • Morillas Casas, Mª Josefa - Xefa de departamento

MÚSICA

  • De los Santos Gago, Gabriela - Secretaria
  • Fernández Pérez, Mª Esther - Xefa de departamento

ORIENTACIÓN

  • Carramal Martínez, Andrea (PT)
  • Costas Carragal, Iria - Xefa de departamento
  • Mosquera González, Mª Carmen (PT)

RELIXIÓN CATÓLICA: García Rodríguez, Patricia Mª 

TECNOLOXÍA

  • Candeira Iglesias, Marcos - Coordinador TIC
  • Pérez Santiago, Diego - Xefe de departamento
  • Salgueiro Aquino, José Antonio

XEOGRAFÍA E HISTORIA

  • Díaz González, Patricia
  • Ferreiro Monteagudo, Alfonso
  • Garrido Gómez, Lidia - Xefa de departamento
  • Ríos Bergantinhos, Alexandre

INCIDENCIAS NO TRANSPORTE ESCOLAR DO IES DE POIO

Ante as incidencias desta mañá co transporte escolar do instituto: alumnado dunha parada sen praza na liña asignada no traxecto de ida cara o instituto; prazas insuficientes para todo o alumnado nunha liña no traxecto de volta, 5 liñas que chegan con retraso e case tódalas liñas sen o cartel co número identificativo de cada liña, dificultando así que o alumnado suba ó autobús correcto; a dirección deste centro vai presentar unha queixa ante a empresa, o servizo complementario de transporte da Consellería de Educación e a Consellería de infraestructuras e mobilidade para que non se volva dar esta situación.

No caso de que se produzan outros incidentes nos que o alumnado se vexa afectado, lembrámoslles que a título individual poden presentar unha queixa dirixida ás mesmas instancias.

INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DE CURSO

Para a organización do primeiro día de curso achégase a seguinte información que deben ter en conta o alumnado e as súas familias:

1.     As clases comezarán o xoves 8 de setembro no horario habitual do centro, ás 08.50h.

2.     O alumnado pode empregar o transporte escolar aínda que non teña o carné. Este entregaráselle no centro ao longo da mañá.

3.     En canto ao acceso ao recinto, débense ter en conta as seguintes cuestións:

a.     O alumnado que accede a pé ou chega en transporte escolar debe circular polas beirarrúas.

b.     O alumnado que accede en vehículo particular ten que baixar na rotonda e o vehículo debe abandonar o recinto.

4.     O alumnado terá que acceder ao interior do centro ás 08.45h, cando toca o primeiro timbre, e dirixirse á súa aula (o grupo pódese consultar no perfil da aplicación móbil Abalar). Os planos das aulas atópanse no documento adxunto. En caso de chuvia, o alumnado poderá acceder ao interior do centro a partir das 08.30h.

a.     O alumnado da planta baixa debe acceder pola porta de emerxencia lateral.

b.     O alumnado da primeira e segunda planta debe acceder pola porta principal.

5.     As dúas primeiras sesións da mañá, o alumnado estará coa súa titora/titor, quen lle facilitará información xeral sobre o centro e poderá resolver as dúbidas que xurdan.

6.     A partir da terceira sesión de clase, despois do primeiro recreo, o alumnado seguirá o horario do seu grupo.

7.     As clases rematan no horario habitual, ás 14.30h.

a.     Os vehículos particulares non poden abandonar o recinto ata que saian os autobuses.

8.     O uso de máscara no centro non é obrigatorio. Non obstante, o alumnado que emprega o transporte escolar si debe empregar máscara no interior do autobús.

CALENDARIO ESCOLAR 2022/2023

Nesta ligazón poden atopar a ORDE do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

"As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de formación profesional realizaranse desde o día 8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023, ambos inclusive."

O 8 de setembro as clases desenvolveranse no horario habitual de 08.50h a 14.30h. Ese día o alumnado poderá coller o transporte escolar sen o carné, que se lle entregará no centro ao longo da mañá e que xa poderá empregar ao finalizar a xornada lectiva.

O grupo ao que pertence o alumno ou alumna aparecerá no perfil de Abalar (na aplicación móbil) cando sexa definitivo, a próxima semana antes do inicio das clases.

ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO

  • VENRES 2 DE SETEMBRO

Entrega de lotes de libros do alumnado de 2º PMAR e de 2º ESO e 4º ESO que non os recolleu en xullo. O alumnado de 4º ESO que recibiu incorrectamente os libros de Lingua Galega e Literatura tamén pode vir nesta data*.

  • LUNS 5 DE SETEMBRO

Entrega de lotes de libros do alumnado de 1º ESO.

  • MÉRCORES 7 DE SETEMBRO

Entrega dos lotes de libros do alumnado de 3º ESO.

 

Os vales de material pendentes tamén se entregarán nas datas indicadas para cada nivel.

 

O alumnado da ESO recibirá tamén unha axenda escolar o primeiro día do curso.

 

*Ante as dúbidas que poidan xurdir, informamos de que é moi pouco o alumnado de 4º ESO que recibiu incorrectamente os tomos de Lingua Galega e Literatura. A entrega correcta é a seguinte: tres tomos de Lingua Galega e Literatura divididos por trimestres (do 1 ao 4, do 5 ao 8 e do 9 ao 12). Se a entrega non se fixo deste xeito é cando deben achegarse ao centro o venres 2 de setembro pola mañá.

 

SOLICITUDE CERTIFICACIÓNS DURANTE O MES DE AGOSTO

Por mor da vacacións do persoal de administración, durante o mes de agosto a solicitude de certificacións académicas farase a través do correo electrónico do instituto:  ies.depoio@edu.xunta.gal      

Será necesario indicar no corpo do correo os datos persoais (nome e apelidos así coma DNI da persoa solicitante), a etapa da que solicita a certificación (ESO ou Bacharelato) e a lingua na que desexa a certificación (galego ou castelán).

A certificación remitirase á mesma dirección de correo electrónico dende a que se fixo a solicitude. En caso de querela en papel, deberá indicalo na solicitude e deberán achegarse a recollela ó centro educativo en horario de 9:30 a 13:30 unha vez se lle comunique que xa está dispoñible.

 

ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS. MATRÍCULA EN 1º CURSO DO CICLO MEDIO DE GUÍA NO MEDIO NATURAL E DE TEMPO LIBRE DO IES DE POIO

O alumnado admitido en 1º curso do Ciclo Medio de Guía natural no medio natural e de tempo libre que se imparte no IES de Poio debe entregar no centro educativo a seguinte documentación específica de matrícula:

  • Impreso de solicitude de matrícula cuberto descargado da aplicación CICLOS ADMISIÓN.
  • Fotocopia do DNI.
  • Fotocopia da Tarxeta Sanitaria.
  • Unha fotografía tamaño carnet co nome e apelidos escritos por detrás.
  • Xustificante de ter abonado o Seguro Escolar (1,12€) no que conste o nome e apelidos do/a alumno/a. Nª de conta: ES36 2080 5473 5230 4010 0149
  • Autorización de recollida do alumnado dentro do horario lectivo (só no caso de ser menores de idade). O modelo está dispoñible na Secretaría do centro.

O prazo de matrícula abrangue desde o martes 19 de xullo ata as 13.00h do venres 22 de xullo. O horario da Secretaría do centro é de 09h a 14h.

ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS. PUBLICADA A LISTAXE DE PERSOAS CON PRAZA ADXUDICADA

Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

Réxime ordinario

prazo de matrícula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 19 de xullo ata as 13:00 horas do venres 22 de xullo de 2022. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. Tamén se poderá solicitar matrícula na praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. Tamén se poderá renunciar á praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

Para realizar presencialmente a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte modelo: 

 - Modelo de documento en formato PDF

Ademais, o alumnado admitido no IES de Poio no 1º curso do Ciclo Medio de Guía natural no medio natural e de tempo libre debe entregar a seguinte documentación específica de matrícula.

Distribuir contido


by Dr. Radut