Skip to Content

PARABÉNS POLO PREMIO ETWINNING "Delirant isti eTwinnienses Romani!" DO DEPARTAMENTO DE LATÍN!!!

 O proxecto eTwinning "Delirant isti eTwinnienses Romani!" desenvolvido polo alumnado de Latín de 1º de Bacharelato do IES de Poio durante o curso pasado vén de ser seleccionado pola Comisión Europea dentro da iniciativa “Move2 learn. Learn2move”. No proxecto colaborouse con centros de Extremadura, Alemania, Polonia e Italia.

A iniciativa Move2Learn, Learn2Move foi presentada con ocasión do trixésimo aniversario do programa Erasmus. Con esta iniciativa, os proxectos europeos de eTwinning tiveron a oportunidade de participar nun concurso e gañar billetes cos que viaxar a outros países do programa Erasmus. O obxectivo desta iniciativa é que a mocidade poida experimentar o que implica vivir en Europa e comprenda a repercusión positiva que ten a Unión Europea na vida da súa cidadanía e o seu vecindario internacional.

 Ademais de descubrir outras culturas, os participantes tamén se farán máis conscientes da pegada de carbono das súas viaxes, pois terán que respectar un nivel máximo de emisións de CO2 durante o seu periplo e deberán elixir os medios de transporte que utilizan tendo isto en conta.

 A Comisión Europea seleccionou aqueles proxectos que cumpriron de forma máis sobresaliente cos seis criterios do Selo de Calidade Nacional, un premio co que xa fora recoñecido o proxecto do departamento de Latín no mes de xullo.

 Isto implica que se desenvolveu un proxecto destacado en innovación pedagóxica, integración curricular, comunicación, interacción e colaboración entre os centros asociados, uso da tecnoloxía e en tarefas de difusión, avaliación e documentación do proxecto.

PARABÉNS!!!

 



page | by Dr. Radut