Para alumnos de 2º curso de bacharelato:
Valor dos bens desamortizados durante o século XIX en España
(en millóns de reais)
Período |
Clero |
Beneficencia |
Concellos |
Outros |
1798-1814 |
1.5 |
05 |
0 |
0 |
1836-1844 |
3.447 |
0 |
0 |
0 |
1855-1856 |
324 |
167 |
160 |
116 |
1858-1867 |
1.253 |
461 |
1.998 |
438 |
1868-1900 |
888 |
327 |
1.415 |
309 |
Total 1836-1900 |
5.912 |
955 |
3.573 |
863 |
Gran total* |
8.3 |
72 |
3.573 |
863 |
* Non se inclúe o vendido durante o trienio liberal, que segundo J. Fontana ascendeu a 100 millóns de reais.
<!--[if !supportLists]-->- <!--[endif]-->Contextualización histórica: a desamortización consistiu en sacar os bens amortizados –en estado de baixa ou nula produtividade- de dita situación e poñelos en mans de quen, teóricamente, lles fosen a sacar rendimento. A mentalidade liberal (A. Smith) non concebía que uns bens –a terra sobre todo- estivesen en mans de quen non os fixesen rendibles. Non esquezamos, por outra parte, as ideas fisiocráticas dos ilustrados, que agora están en condicións de levar a cabo os liberais. Os diversos períodos ós que se refire a táboa estatística son dende a etapa ilustrada de Godoy ata finais do século XIX. Mendizábal, ministro durante varios anos en plena guerra carlista (1833-39) comprende que é necesario sacar as terras e outros bens das “mans mortas”, é dicir, da Igrexa, e vendelas a quen as quixese poñer en valor. A Igrexa non era unha institución con mentalidade liberal, senón feudal.
<!--[if !supportLists]-->- <!--[endif]-->Antecedentes: xa durante o período das Cortes de Cádiz se lexislou neste sentido. Ademais de suprimir os señoríos xurisdicionais, abolir a Inquisición, etc., lexislouse sacando á venda pública os bens que non desen os rendementos esperados dende un punto de vista liberal.
<!--[if !supportLists]-->- <!--[endif]-->Se nos fixamos nos datos vemos a gran propiedade da Igrexa, que supera con moito as demais magnitudes. Mendizábal viu que os recursos que se podían obter da venda de bens desamortizados poderían financiar a guerra carlista, como así foi. O proceso seguido consistiu en exclaustrar ós monxes, declarar bens nacionais as propiedades da Igrexa regular, poñelos en pública subasta e obter as cantidades sinaladas na táboa, que foron aportadas, fundamentalmente, por quen podía: a clase adiñeirada ou burguesa. Véxase tamén a importancia do valor dos bens desamortizados dos concellos dende 1858. O papel da Igrexa, non obstante, como gran propietaria durante o Antigo Réxime, queda patente.
<!--[if !supportLists]-->- <!--[endif]-->A fonte é historiográfica, pois se trata duns datos obtidos a partir de estudos de diferentes historiadores.
Para alumnos de 2º curso de bacharelato: TRES MILITARES DO SÉCULO XIX EN ESPAÑA
BALDOMERO ESPARTERO |
RAMÓN MARÍA NARVÁEZ | LEOPOLDO O’DONNELL |
Dunha familia de labradores acomodados (emparentados con certa fidalguía) | Dunha familia de militares de orixe irlandés. | |
Combateu ós absolutistas en 1822. Retirado do exército en 1823. Formou parte do exército liberal dende 1833 e aquí comezou a rivalidade con Espartero, perseguido por éste tivo que exiliarse en Francia (1841-43). | No exército liberal en 1833 (mentres os seus irmáns loitaban no banco carlista). Inscrito no moderantismo, exiliouse ó fracasar na sublevación de Diego de León contra Espartero (1841) na que participou. Tamén o fixo na de 1843 con Narváez. | |
Sublevado en 1843 (Torrejón de Ardoz, Madrid), en 1844 foi chamado a formar Goberno (entre dito ano e 1851). Logo entre 1856-57 e por fin . | En 1854 encabezou un golpe de Estado que capitalizaron os progresistas. Foi entonces Ministro da Guerra con Espartero como Xefe do Goberno (1854-56). Fundou a Unión Liberal e en 1856 provocou a caída de Espartero sustituíndolle, regresando á Constitución de 1845 (os progresistas iniciaran un proceso constituínte) pero cun Acta Adicional. | |
Inspirou a Constitución de 1845, o Código Penal de 1848 e as reformas administraivas que levou a cabo Bravo Murillo. Detivo as desamortizacións eclesiásticas, amordazou á prensa, centralizou o poder, reprimiu os movementos populares e combateu os carlistas (2ª guerra). Impediu a influencia da revolución europea de 1848 e fortaleceu o papel da Coroa | Foi a alternativa a Narváez entre 1856 e 1866. É esta unha etapa de auxe económico coa construción de ferrocarrís e obras públicas. | |
Reprsenta un liberalismo tibio e autoritario. | Levou a cabo unha política exterior acorde co que outros países europeos empezaran a facer: colaborou coa Francia de Napoleón III na conquista de Indochina (1858-62), México (1861), incorporou Santo Domingo entre 1861 e 1865; levou a cabo a guerra do Pacífico contra Perú e Chile (1865-68) e a guerra de África (1859-60). Ocupou Tetuán e fixo recoñecer ás autoridades marroquíes as posesións españolas de Ceuta, Melilla e Ifni. | |
Rexeitou os carlistas en San Carlos de la Rápita (Tarragona) en 1860. Reprimiu a insurrección de Prim en 1866. |
O réxime da Restauración no século XX: os síntomas do seu final:(2º curso de bacharelato) O seguinte resumo pretende AXUDAR ÓS ALUMNOS A COMPRENDER o cambio producido na segunda parte do réxime da Restauración (primeiras décadas do século XX). - Os problemas de España estaban irresoltos: atraso industrial, maioría de poboación agraria, inxusto reparto da riqueza, analfabetismo, depauperación…- A estabilidade do réxime non servira para dar solución ós problemas máis urxentes: modernización do exército, recuperación trala perda de Cuba, reclamacións obreiras..- Unha das primeiras mostras da debilidade do réxime se dá no cumio do poder: os partidos dinásticos (liberais e conservadores) divídense en tendencias ó desaparecer os persoeiros que os mantiñan unidos. Maura e Canalejas, importantes estadistas, non son quen de manter a unha clase dirixente que aspira a disputar o poder ós seus líderes. (A: ver B).- A aceptación polo Goberno da Lei de Xurisdicións (1906), esixida por un sector do exército, significou unha claudicación e unha falta de respecto á división de poderes clásica do liberalismo (as ofensas ó exército, as acusacións de atentar contra a unidade de España e outros considerados delitos serán xuzgados por tribunais militares). En realidade, o papel en segundo plano do exército durante a primeira parte do réxime da Restauración rachábase.- A semana tráxica de Barcelona (1909) é o resultado dunha protesta obreira contra a guerra que España mantiña en Marruecos pola posesión de dito territorio, que se decidira na Conferencia de Algeciras en 1906: as clases humildes non estaban despostas a enviar ós seus fillos á guerra para defender os intereses económicos da oligarquía, o que quere dicir que o movemento obreiro está en alza e que o clima imperialista tamén existiu en España.- Dase a chamada ruptura do pacto de El Pardo, polo que os partidos hexemónicos poñíanse de acordo para sucederse no poder mediante o falseamento electoral. (B: ver A).- A folga xeral revolucionaria de 1917 (ano do triunfo da revolución obreira en Rusia) é unha resposta dos sindicatos e partidos obreiros (Partido Socialista Obrero Español) á situación de desabastecemento que sufría España e, polo tanto, ó encarecemento dos prezos dos produtos de primeira necesidade, mentres grandes industriais e banqueiros engordaban os seus beneficios ó subministrar produtos e servizos os países belixerantes na guerra mundial (1914-18).- A formación de Xuntas de Defensa por parte dalgúns militares, forzando a legalidade, que prohíbe ás organizacións militares, é unha mostra máis de que o exército non está disposto a seguir subordinado ó poder civil.- A Asemblea de Parlamentarios en Barcelona, reuníndose algúns deles ó marxe do Parlamento legalmente constituído, é unha mostra do descontento nalgunhas rexións de España e da falta de respecto á legalidade.- A dexeneración da orde pública se manifesta nos últimos anos da década do dez e os primeiros do vinte co pistolerismo: contratación de pistoleiros a soldo por parte de empresarios para contrarrestar a violencia practicada por algunhas organizacións obreiras (particularmente a Confederación Nacional del Trabajo, fundada pouco antes, de tendencia anarquista). - 1923: golpe de Estado de Primo de Rivera, que volve á tradición golpista do exército característica do século XIX… pero agora despois dun longo réxime que parecía ter superado este fenómeno…. Remata o réxime da Restauración, pero non a monarquía de Alfonso XIII (ver o esquema explicado en clase).