Skip to Content

COMEZO DAS CLASES CURSO 2024-25

 

Nesta ligazón poden atopar a ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

"As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de formación profesional realizaranse desde o día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos inclusive."

O 11 de setembro as clases desenvolveranse no horario habitual de 08.50h a 14.30h.

 

Ese día o alumnado poderá coller o transporte escolar sen o carné, que se lle entregará no centro ao longo da mañá e que xa poderá empregar ao finalizar a xornada lectiva.

O grupo ao que pertence o alumno ou alumna aparecerá no perfil de Abalar (na aplicación móbil) cando sexa definitivo, o día antes do inicio das clases.

 


page | by Dr. Radut