Por mor da festividade do 17 de maio e sendo o 20 de maio día non lectivo escollido polo centro os prazos para prematrícula, pagamento de taxas e recollida de documentación son moi curtos.
Procedementos e horarios:
15 de maio
Enviar correo a ies.depoio@edu.xunta.gal cos seguintes datos: número de móbil do estudante e correo electrónico do estudante.
As notas publicaranse por Abalar Móbil ás 20:00h.
16 de maio
- A primeira hora da mañá as persoas que se vaian presentar á ABAU pasan por secretaría para recoller o documento de pago de taxas do título de bacharelato (este documento se lle entrega no centro) e o de pagamento das taxas da ABAU (este documento poden traelo xa cuberto, pode descargarse dende esta mesma publicación)
- De 11:00 a 14:00 entregarase en secretaría a seguinte documentación:
- Xustificante de pago do título e das taxas da Abau
- Documento de prematrícula cuberto e asinado (pode descargarse dende esta publicación)
- Fotocopia DNI estudante
- No seu caso:
-título de familia numerosa
-certificado de persoal universitario
-certificado de discapacidade >33%
-resolución administrativa acto de terrorismo ou violencia de xénero
-resolución do INSS como persoa beneficiaria da prestación do ingreso mínimo vital
- A partir das 18:00 pasar de novo pola secretaría do centro para recoller e comprobar a documentación de matrícula.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
impreso_taxas_bach.pdf | 179.6 KB |
Impreso_prematricula_bach-2024-Def-2 (1).pdf | 279.3 KB |