Skip to Content

II CUMIO DO CLIMA NO IES DE POIO

 

Xa temos listo o programa de actividades do  II Cumio do clima do IES de Poio que se celebrará no noso centro entre o 18 e o 22 de marzo.

Resultado de meses de traballo e esforzo por parte do alumnado e o profesorado participante, é un momento moi especial para o centro no que nos reafirmamos na vontade de buscar unha aprendizaxe significativa e transformadora para o alumnado.

Este ano, o alumnado de 2º ESO fará presentacións sobre as causas e consecuencias do cambio climático, mentres que o de 3ºESO A, B e PDC e 4ºESO A levará a cabo unha feira divulgativa sobre alimentación sostible. Ademais, alumnas de 2º de bacharelato serán as encargadas de dinamizar os obradoiros de elaboración de xabóns e reciclaxe de roupa.

Igual que o ano pasado contaremos coa colaboración do @ceidagalicia que fará un obradoiro sobre a pegada ecoloxica, Sotavento que formará ao noso alumnado sobre as enerxías renovables e o aforro enerxético e,@adega_ecoloxismo que levará a cabo un taller sobre os tóxicos no fogar e as alternativas ecolóxicas que podemos empregar.

A inauguración estará a cargo de @amasamebakery que despois de falar do seu modelo de negocio sostible, fará obradoiros de cata de pan co alumnado, e a clausura a levará a cabo o responsable de I+D e sostibilidade de @SETGA.

Todas estas actividades, e algunhas máis, as tedes detalladas no programa picando na seguinte imaxe:

 



page | by Dr. Radut