Skip to Content

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

No DOG do venres 13 de novembro de 2020 saíu publicada a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado. 

ALUMNADO DESTINATARIO

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial: 

a) Non ten que presentar solicitude: o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. 

b) Ten que presentar solicitude: o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. 
  • Alumnado matriculado en educación especial. 
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia. 
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE

De forma presencial no centro do 16 ao 27 de novembro utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na convocatoria publicada no DOG. É necesario solicitar cita previa no 886151442.

Unha vez finalizado este prazo avisarase do procedemento de distribución das máscaras. 



page | by Dr. Radut