Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Sábado Xuño 09, 2018
Start: 09/06/2018 20:54

O martes 5 de xaneiro celebramos unha Xornada de Acollida destinada ao alumnado de 6º de Educación Primaria dos Centros adscritos: CEIP de Viñas, CEIP de Lourido, CEIP Isidora Riestra, CEIP Espedregada e CEIP de Chancelas. Colaboraron na Xornada algúns alumnos escolarizados no 1º curso de ESO procedentes destes centros. O alumnado do CFGM do noso instituto colaborou organizando dinámicas para os 96 alumnos que nos visitaron acompañados dos seus titores e orientadoras.

Domingo Xuño 10, 2018
Start: 10/06/2018 19:56

Orde do 24 de maio de 2018 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2018/19 (DOG núm. 109, do 8 de xuño).

Prazo para presentar solicitudes:

1. Para o alumnado matriculado en bacharelato: do 11 de xuño ao 13 de xullo de 2018.

2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos: do 11 de xuño ao 8 de agosto de 2018.

As solicitudes deberán dirixirse ao respectivo Centro Residencial Docente.

 

Luns Xuño 18, 2018
Start: 18/06/2018 15:11

Publicada a listaxe provisional de cualificacións nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Poderanse presentar reclamacións contra a cualificación provisoria desde o día 13 ao 15 de xuño, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio-listaxe-provisoria-cualificacions-2018

Start: 18/06/2018 15:13

Hoxe día 18 de xuño o alumnado de 2º ESO participou nun Obradoiro de Educación Afectivo sexual impartido pola doutora Kenya Lugarís e a enfermeira María José Portabales, ambas profesionais que desenvolven o seu traballo no Centro de saúde ANAFANS.

Start: 18/06/2018 15:17

Hoxe, ás 19:00 horas na sala de usos múltiples do instituto celebrarase unha sesión informativa para os pais, nais ou titores legais do alumnado de 6º de Educación Primaria escolarizados nos nosos centros adscritos: Chancelas, Espedregada, Isidora Riestra, Lourido e Viñas.

Distribuir contido


by Dr. Radut