Enderezo: Río Tenorio s/n 36120 Cerdedo - Cotobade Teléfono: 886 15 97 84 Correo-e: ies.cotobade@edu.xunta.gal
8 de abril. Día internacional do pobo xitano
O día 8 de abril celébrase o día internacional do pobo xitano. O IES de Cotobade creou un espazo na nosa biblioteca cos estoxos xitanos nos que podemos atopar libros, cds, xogos, obxectos cotiáns, actividades manuais, receitas, fichas informativas... todo representativo da cultura xitana cedidos pola biblioteca Xosé Neira Vilas de Vigo. Esta actividade está enmarcada dentro dos Contratos-Programa Inclúe en colaboración co Secretariado Xitano.