Skip to Content

Surf 3º e 4º de ESO

O noso alumnado disfrutou dunha marabillosa mañá de surf na praia de Patos. Fai clic para ver as fotos

Álbum: Curso 2017-2018 -> Surf

Actividade con cometas

O noso alumnado construiu cometas en clase e voláronas na praia. Aquí unhas imaxes. Fai clic na imaxe para ver as fotos

Álbum: Curso 2017-2018 -> Cometas

Torneo de xadrez

Celebrouse o torneo de xadrez do IES Coruxo coa participación de alumnado de diferentes centros de Vigo. Aquí tendes fotos do evento. Fai clic na imaxe

Álbum: Curso 2017-2018 -> Torneo de xadrez

Fútbol na praia

Hoxe o noso alumnado de 1º BAC disfrutou da súa clase de Educación Física no marco incomparanbe da praia do Vao. Deixámosvos imaxes.

 

O alumnado do IES Coruxo contra a Violencia de Xénero

 

O alumnado do IES Coruxo estreará proximamente o seu curto en torno á violencia de xénero.

O noso alumnado de 2º de ESO na Olimpíada Matemática

O noso alumnado de 2º ESO participou nestes días na Olimpíada Matemática. Grazas ao alumnado por representar con tanto éxito ao noso centro

Regueifas no IES Coruxo

Como todos os anos o noso Instituto organiza o taller de Regueifas. Deixámosvos algunhas imaxes para que comprobedes como o noso alumnado regueifa con actitude.

 
     
     

Alumnado do IES Coruxo finalista da Olimpíada Estatística

O equipo Arosoiva doIES Coruxo, formado polos alumnos Iván García Veiga, Aroa Pérez Rodríguez eSofía Iglesias Carreira de 1º de Bachillerato,  proclamouse finalista da Competición EstaTística Europea ao quedar en cuarto lugar. Parabéns aos nosos alumnos e alumnas

 

 

 

Semana da froita no IES Coruxo

Nesta semana e na vindeira estase celebrando no instituto a semana da froita. Nesta semana o noso alumnado poderá disfrutar, entre outras, de mazás, platanos, peras, mandarinas de xeito totalmente gratuíto. Bo proveito

 

 

 

 

Estatísticas 2ª avaliación

Achegamos as estatísticas da 2ª avaliación para consulta da comunidade educativa

8 de Marzo. Día da muller traballadora

Numerosas actividades realizáronse no IES Coruxo ao longo da semana do 5 ao 9 de marzo. Aínda estamos inmersos no concurso de Identifica ás mulleres, fainas visibles. Publicamos algunhas fotos destas actividades.

8 de marzo

8 de marzo, día da muller traballadora. Esta é a camiseta que hoxe levará o profesorado do centro.

Celebración do 14 de febreiro no IES Coruxo

Como vén sendo habitual, o alumnado do IES Coruxo compartiu cartas de amizade e amor. Aquí tedes algunhas imaxes da emocionante mañá

A Lingua Galega, unha oportunidade

O noso alumnado de bacharelato acudiu a conferencia que, organizada pola oficina de normalización lingüística do Concello de Vigo, impartiu Manuel Nuñez Singala.

 

Xadrez no IES Coruxo

Xa comezou, como noutros anos, o xadrez nos recreos do IES Coruxo. Iremos subindo fotos desta interesante actividade. De momento o noso xadrez xigante.

Distribuir contido


by Dr. Radut