Skip to Content

Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas da distribución de máscaras entre o alumnado do centro

O luns 14 de decembro publicaranse as listas definitivas  de solicitudes admitidas e excluídas da distribución de máscaras entre o alumnado do centro. Estas listas poderan consultarse nos taboleiros do interior do centro. Unha vez recibidas as máscaras no centro por parte do proveedor, estas serán entregadas ao alumnado unha vez asinado pola familia o documento de recepción das máscaras.

Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas da distribución de máscaras entre o alumnado do centro

 

Foi publicada no día de hoxe (venres 4 de decembro de 2020) a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas da distribución de máscaras entre o alumnado do centro. Esta listaxe atópase no taboleiro de anuncios situado no interior do instituto.

 1. En caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación. (días 9 e 10 de decembro de 2020)

2. Esta reclamación entenderase resolta coa publicación da listaxe definitiva.

3. Contra a exclusión na listaxe definitiva, as persoas afectadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe definitiva (artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

 

SOLICITUDE DE MÁSCARAS GRATUÍTAS PARA ALUMNADO

Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria,educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21

Máis información no documento adxunto solicitude máscaras ou facendo clic aquí

Días non lectivos

O día 2 de novembro e o 7 de decembro son días non lectivos, polo tanto non haberá clase

Libros de Matemáticas 2º bacharelato

Matemáticas Aplicadas II editorial Anaya isbn 97888469812808

Matemáticas II editorial Anaya isbn 9788469812778

Cambio do horario xeral do centro

Queremos anunciar que o horario xeral do centro para este curso 2020-2021 será  o seguinte

Luns: de 8:30 a 15:00

Martes: de 8:30 a 14:10

Mércores: de 8:30 a 15:00

Xoves: de 8:30a 14:10

Venres: de 8:30 a 14:10

Os luns pola tarde, polo tanto, non haberá clase.

Última hora

A estas alturas, 17 de setembro, podemos comunicar que toda a actividade lectiva no centro será presencial, tanto na ESO como en bacharelato 

Entrega de libros de Fondo de Libros

Informamos que os libros entregaranse no centro do día 14 ao 18 de setembro. Os libros ten que recollelos un adulto. No caso de non ser pai/nai deberá traer autorización asinada por un daqueles.

Libros de texto, Matemáticas Aplicadas 3º ESO, Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional 4º ESO

Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional de 4º ESO, o libro de texto escollido foi o de Oxford, con ISBN 9780190508043.

Matemáticas Aplicadas 3º ESO ISBN 9788467852165 editorial Anaya

PRESENTACIÓN ALUMNADO E COMEZO DO CURSO

O comezo será escalonado, segundo o seguinte horario:

Mércores 23 de setembro:

10:00 a 11:30 ………………….1º/2º ESO

11:30-12:15 ……….....……… 1º BACHARELATO

O alumnado da ESO usuario de transporte escolar terá que ter en conta que os autobuses saírán das cabeceiras media hora antes (9:30), excepto a liña 1 que saíra da cabeceira ás 9:15. Os autobuses farán o retorno a casa ás 11:30

Lembramos que o alumnado de Bacharelato NON ten dereito a transporte escolar. No caso de cambio de situación avisaremos a través do alumnado

Xoves 24 de setembro:

8:30…………………..3º ESO

8:30..…………………2º BACHARELATO

Todo o  alumnado (excepto 4º ESO) xa virá en horario normal de 8:30 a 14:10

Venres 25 de setembro:

8:30…………………..4º ESO

Todo o alumnado xa virá en horario normal de 8:30 a 14:10

O alumnado deberá subir e baixar do autobús con orde, mantendo as distancias hixiénico-sanitarias en vigor. Deberán baixar en ringleira de a un seguindo as indicacións do profesorado. Deberá entrar no recinto respectando a distancia de seguridade e dirixirse ao patio central e posteriormente á súa aula (comunicaremos a través de ABALAR o grupo no que están os seus fillos/as). Alí, nas aulas respectivas, realizaremos a presentación do curso e dar comezo á actividade lectiva.

 

Queremos lembrar que o uso da máscara é obrigatorio tanto no autobús como dentro do recinto escolar.

 

Anuncio da AMPA sobre recollida e venda de libros

Notifícanos a AMPA do instituto que as datas de recollida de libros por parte da AMPA para a súa posterior venda será os días 7 e 8 de setmbro en horario de catro a seis.

A venda dos libros recollidos será os días 10 e 11 de setembro tamén de catro a seis.

Convocatoria de bolsas de estudo do MEC

Abriuse prazo para solicitar as bolsas de estudo do Ministerio de Educación para estudos de bacharelato, FP e Universidade

Máis información en http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar.html

Premios extraordinarios ESO

Hoxe, 24 de xullo, publícase no DOG a Orde do 13 de xullo de 2020 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019/20.

 

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

 

 

Período vacacional

Horario do centro do 27 de xullo a 28 de agosto será de 9:30 a 11:30

Correo do centro para solicitar documentación ou avisos ies.coruxo@edu.xunta.es

Teléfono do centro 886 11 1016

Teléfono de emerxencias (só emerxencias) 604 062 267

Calendario exames setembro curso 2019-2020

Achégase o calendaro de exames de setembro 2020. Facel clic no documento adxunto

Distribuir contido


by Dr. Radut