O pasado 9 de febrero celebramos no IES Coruxo o Festival do Entroido (previamente, durante esa semana, o Meco fixo unha serie de mandados ao alumando e profesorado https://www.edu.xunta.gal/centros/iescoruxo/node/802)
En primeiro lugar tivo lugar o desfile dos disfraces individuais e, posteriormente, desfilaron máis de 10 comparsas polo patio central do Instituto. Repartíanse 3 premios para a categoría de disfraces individuais e 3 para grupos, premios financiados pola nosa ANPA. Os gañadores foron elexidos por unha comisión mixta de profesorado, alumnado e familias.
A continuación desfilaron os/as profesores/as que fixeron unha coreografía adicada ó mar.
Mentres se decidían os gañadores, desfrutamos dunha chocolatada financiada pola ANPA e dos doces que nos achegou o alumnado de 4º ESO.
Antes da entrega de premios, fíxose o xuízo do Meco, a cargo dun grupo de alumnas de 1º Bacharelato no que decidiron que non se queimaba por non contaminar e nunha declaración de intenciones do IES Coruxo de apostar pola sostibilidade.
Nun acto final entregáronse os premios dos gañadores do disfraz individual e por grupos, realizados pola nosa ANPA.
O mellor foi a colaboración de toda a comunidade escolar na organización do Festival, xa que alumnado, profesorado e familias participaron activamente no desenvolvemento deste acto.