Skip to Content

Entroido 2018 no IES Coruxo

Así foi a celebración do Entroido 2018 no IES Coruxo. Fai clic pata visualizar as fotos.

Álbum: Curso 2017-2018 -> Entroido

Exposición "Despiece". Departamento de tecnoloxía

Achegamos imaxes da exposición de despiece organizada polo departamento de tecnoloxía.

 

Convocadas probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior

Xúntase a Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e degrao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018.

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio:

  • O prazo de presentación estará abranguido entre os días 12 e 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior:

  • O prazo de presentación estará abranguido entre os días 8 e 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos.

Máis información:

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras para o ano 2018

Xúntase a Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

  • O prazo para a presentación de solicitudes será do 8 de febreiro ata o 7 de marzo (incluído)

  • A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

Transporte escolar

Liñas de autobús e paradas do IES Coruxo. Pódense ver nos documentos adxuntos

Charla da Universidade da Coruña co alumnado de 2º Bacharelato

Membros da Universidade da Coruña visitaron o noso centro para informar ao noso alumnado das carreiras existentes na súa universidade. Un pracer recibilos no noso centro. Proximamente farán a visita membros da Universidade de Vigo

Os riscos das novas tecnoloxías

O noso alumnado de 1º ESO asistiu á charla sobre os riscos das novas tecnoloxías. Para esta amena, interesante e instrutiva actividade contamos coa presenza de membros da policia nacional.

 

 

Visita á exposición Da Vinci

O noso alumnado visitou a exposición adicada a Leonardo da Vinci. Grandes experiencias, grandes inventos.

 

 

Saída á pista de patinaxe sobre xeo

O noso alumnado de 1º e 2º da ESO visitou a pista de patinaxe sobre xeo. Patinaron, caíron, divertíronse.....

Unha gran esperiencia para o noso alumnado.

Estatísticas notas 1ª avaliación

Achéganse as estatísticas de notas da primeira avaliación en documento adxunto

Entrega de notas 1ª avaliación

O próximo día 21 de decembro entregaremos as notas da primeira avaliación. ese día teremos horario especial que será o seguinte:

Saída autobuses das cabeceiras (primeira parada): 10'15

Entrega de notas: 11'00

Saída dos autobuses cara á casa: 12'00

Felices vacacións

Vigo berra"non" á violencia de xénero

O alumnado do IES Coruxo participou na actividade que berrou"non" á violencia de xénero. Podemos ver o alumno David lendo o manifesto.

imaxe imaxe alumno

 

Fotos do Faro de Vigo: http://www.farodevigo.es/multimedia/fotos/gran-vigo/2017-11-24-109492-vigo-contra-violencia-machista.html

Visitas á exposición do Pergamiño Vindel

O noso alumnado visitou a exposición do Pergamiño Vindel. Así mesmo tivemos ocasión de visitar o acuario do Museo.

Fai clic na foto para ver imaxes da visita.

Álbum: Curso 2017-2018 -> Visita exposición

Magosto no IES Coruxo

Celebramos o magosto no IES Coruxo. Día 10 de novembro  a partir das 12'10.

Fai clic na imaxe para ver as fotos. Disfrútaas.

Álbum: Curso 2017-2018 -> Magosto

Samaín no IES Coruxo

Celebración do Samaín no IES Coruxo: concurso de cabazas, paneis informativos, lecturas recomendadas...

Distribuir contido


by Dr. Radut