Skip to Content

Semana da froita no IES Coruxo

Nesta semana e na vindeira estase celebrando no instituto a semana da froita. Nesta semana o noso alumnado poderá disfrutar, entre outras, de mazás, platanos, peras, mandarinas de xeito totalmente gratuíto. Bo proveito

 

 

 

 

Estatísticas 2ª avaliación

Achegamos as estatísticas da 2ª avaliación para consulta da comunidade educativa

8 de Marzo. Día da muller traballadora

Numerosas actividades realizáronse no IES Coruxo ao longo da semana do 5 ao 9 de marzo. Aínda estamos inmersos no concurso de Identifica ás mulleres, fainas visibles. Publicamos algunhas fotos destas actividades.

8 de marzo

8 de marzo, día da muller traballadora. Esta é a camiseta que hoxe levará o profesorado do centro.

Celebración do 14 de febreiro no IES Coruxo

Como vén sendo habitual, o alumnado do IES Coruxo compartiu cartas de amizade e amor. Aquí tedes algunhas imaxes da emocionante mañá

A Lingua Galega, unha oportunidade

O noso alumnado de bacharelato acudiu a conferencia que, organizada pola oficina de normalización lingüística do Concello de Vigo, impartiu Manuel Nuñez Singala.

 

Xadrez no IES Coruxo

Xa comezou, como noutros anos, o xadrez nos recreos do IES Coruxo. Iremos subindo fotos desta interesante actividade. De momento o noso xadrez xigante.

Entroido 2018 no IES Coruxo

Así foi a celebración do Entroido 2018 no IES Coruxo. Fai clic pata visualizar as fotos.

Álbum: Curso 2017-2018 -> Entroido

Exposición "Despiece". Departamento de tecnoloxía

Achegamos imaxes da exposición de despiece organizada polo departamento de tecnoloxía.

 

Convocadas probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior

Xúntase a Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e degrao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018.

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio:

  • O prazo de presentación estará abranguido entre os días 12 e 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior:

  • O prazo de presentación estará abranguido entre os días 8 e 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos.

Máis información:

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras para o ano 2018

Xúntase a Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

  • O prazo para a presentación de solicitudes será do 8 de febreiro ata o 7 de marzo (incluído)

  • A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

Transporte escolar

Liñas de autobús e paradas do IES Coruxo. Pódense ver nos documentos adxuntos

Charla da Universidade da Coruña co alumnado de 2º Bacharelato

Membros da Universidade da Coruña visitaron o noso centro para informar ao noso alumnado das carreiras existentes na súa universidade. Un pracer recibilos no noso centro. Proximamente farán a visita membros da Universidade de Vigo

Os riscos das novas tecnoloxías

O noso alumnado de 1º ESO asistiu á charla sobre os riscos das novas tecnoloxías. Para esta amena, interesante e instrutiva actividade contamos coa presenza de membros da policia nacional.

 

 

Visita á exposición Da Vinci

O noso alumnado visitou a exposición adicada a Leonardo da Vinci. Grandes experiencias, grandes inventos.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut