Skip to Content

Cartas de amor e amizade

Co gallo do día 14 de febreiro. o equipo de Dinamización Lingüística do instituto organizou a actividade de redacción e entrega de cartas de amor e amizade. Moitos e moitas recibiron con grande alborozo as mensaxes dos seus compañeiros/as.

Torneo de xadrez 2018-2019

Deu comezo o torneo de xadrez interno no instituto. Esta actividade compleméntase coa materia de libre configuración de centro Xadrez, impartida en 1º ESO

Regueifas

Como cada ano o alumnado do instituto participou no obradoiro de regueifas, nel prepararon a sús participación no concurso da especialidade.

Visita a EDAR

O alumnado de 3º ESO e 4º ESO, así como o de 1º BAC visitaron a EDAR de Vigo. Tras as explicacións oportunas visitaron as instalacións.

 

Viaxe á neve

Como vén sucedendo nos últimos anos, o  noso alumnado viaxou a Jaca para desfrutar da práctica de esquí. Aquí deixamos algunhas imaxes

Probas obtención título graduado secundaria para maiores de 18 anos

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

 

Máis información https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190124/AnuncioG0534-160119-0002_gl.html

Patinaxe sobre xeo

Como todos os anos por estas épocas, o noso alumnado desfrutou da pista de patinaxe sobre xeo. Convivencia, deporte, caídas e moita risas.

O alumnado de Historia da Arte visita a igrexa de Coruxo

O alumnado de 2º de bacharelato da materia de Historia da Arte visitou, no día de hoxe, a igrexa de Coruxo, exemplo de patrimonio cultural que o alumnado debe coñecer. Aquí deixamos imaxes da visita

Convocatoria Vigo en inglés 2019

Achéganse as instrucións para a participación no programa Vigo en inglés 2019

 

 

No documento adxunto atoparedes as instrucións

Despedida do noso director Avelino

Como sabedes, o final do trimestre tróuxonos a xubilación do noso director, Avelino. Desexándolle o mellor nesta nova estapa da súa vida, e como homenaxe, aquí tedes algunhas imaxes dese día

 

   
 
 
 
 
 
 

 

 

Club de lectura A Curuxa Lectora

Celebrouse a reunión correspondente do noso club de lectura. Esta é unha actividade compartida entre alumnado e profesorado que no centro aprezamos moito e que serve para a profundización do proceso de aprendizaxe do noso alumnado. Deixamos unhas fotos que ilustran esta reunión

Magosto 2018

Como vén sendo tradicional, celebrouse no instituto o magosto. O noso alumnado participou cortando as castañas, coméndoas, participando nos xogos populares, participando no torneo de xadrez "Magosto 2018" e no resto de actividades. Queremos destacar a implicación do alumnado na organización das actividades levadas a cabo neste día de celebración.

Actividades do día contra a violencia de xénero

O noso alumnado participou activamente nos actos do día contra a violencia de xénero. A actitude do noso alumnado foi de reflexión ante esta lacra da sociedade

Deixamos algunhas imaxes relativas a este día

 

Charla das Forzas Armadas

Organizado polo departamento de orientación, hoxe estiveron no noso centro representantes das Forzas Armadas.

Explicáronlle ao noso alumnado ás saídas laborais ao rematar a ESO e Bacharelato

Imaxe
Distribuir contido


by Dr. Radut