Skip to Content

Samaín no IES Coruxo

Chegou o Samaín. Así se celebra no instituto

 

Día das Escritoras

Imaxes da exposición do Día das Escritoras e do traballo do alumnado co gallo do antedito día

Reunión cos pais de 1º ESO

O vindeiro luns, día 10 de outbro, celebraremos a reunión anual cos pais. No principio, no salón de actos, falaremos de transporte, E-Dixgal... e solventaremos todas as dúbidas que presenten as familias do noso alumnado. Posteriormente as familias reuniranse cos titores/as respectivos.

Servizo Premiun E-Dixgal

Proxecto E-Dixgal: Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento

Co fin de mellorar a calidade e a dispoñibilidade dos servizos e a infraestrutura tecnolóxica a disposición dos diferentes colectivos que forman a comunidade educativa pertencente á rede de Centros E-Dixgal, desde o luns 3 de setembro está operativo o Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento.

Este novo Servizo vai prestar un soporte especializado á infraestrutura tecnolóxica, á plataforma de acceso aos de contidos didácticos e ás ferramentas de seguimento do alumnado proporcionados pola Xunta de Galicia á comunidade educativa dos centros E-Dixgal, recollendo as consultas, notificacións de incidencia, ou as solicitudes e a aclaracións de dúbidas sobre o Proxecto de Educación Dixital.

As nais, os pais ou o alumnado deberán dirixirse ao Servizo Premium para xestionar e solucionar calquera incidencia ou dúbida que teñan sobre o equipo do/a alumno/a ou o acceso e uso da Plataforma de Contidos Dixitais (EVA) tanto online como offline.

O contacto co Servizo Premiun pódese facer durante as 24 horas do día a través do número de teléfono 881 86 99 00 ou do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.es.

Somos centro Edixgal

A partir deste curso 2018-2019 o noso centro é centro Edixgal. Isto significa que este curso, o alumnado de 1º ESO terá a súa disposición un ordenador portátil en cesión de uso por parte da Consellería de Educación. Neste porátil o alumnado terá os libros de texto gratuítos que a Consellería pon a disposición do alumnado.

O curso próximo o proxecto tamén estará presente en 2º ESO así como en 1º ESO

 

Rafting en 1º e 2º de ESO

O noso alumnado de 1º e 2º  de ESO disfrutou o luns 21 de maio dunha xornada de rafting e sendeirismo. Fai clic na imaxe para ver as fotos da actividade

Álbum: Curso 2017-2018 -> raf1

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto

 Convocadas as axudas para libros e material por parte da Consellería de Educación

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/solicitude_anexos_i_e_ii.pdf

No documento adxunto toda a información

Surf 3º e 4º de ESO

O noso alumnado disfrutou dunha marabillosa mañá de surf na praia de Patos. Fai clic para ver as fotos

Álbum: Curso 2017-2018 -> Surf

Actividade con cometas

O noso alumnado construiu cometas en clase e voláronas na praia. Aquí unhas imaxes. Fai clic na imaxe para ver as fotos

Álbum: Curso 2017-2018 -> Cometas

Torneo de xadrez

Celebrouse o torneo de xadrez do IES Coruxo coa participación de alumnado de diferentes centros de Vigo. Aquí tendes fotos do evento. Fai clic na imaxe

Álbum: Curso 2017-2018 -> Torneo de xadrez

Fútbol na praia

Hoxe o noso alumnado de 1º BAC disfrutou da súa clase de Educación Física no marco incomparanbe da praia do Vao. Deixámosvos imaxes.

 

O alumnado do IES Coruxo contra a Violencia de Xénero

 

O alumnado do IES Coruxo estreará proximamente o seu curto en torno á violencia de xénero.

O noso alumnado de 2º de ESO na Olimpíada Matemática

O noso alumnado de 2º ESO participou nestes días na Olimpíada Matemática. Grazas ao alumnado por representar con tanto éxito ao noso centro

Regueifas no IES Coruxo

Como todos os anos o noso Instituto organiza o taller de Regueifas. Deixámosvos algunhas imaxes para que comprobedes como o noso alumnado regueifa con actitude.

 
     
     

Alumnado do IES Coruxo finalista da Olimpíada Estatística

O equipo Arosoiva doIES Coruxo, formado polos alumnos Iván García Veiga, Aroa Pérez Rodríguez eSofía Iglesias Carreira de 1º de Bachillerato,  proclamouse finalista da Competición EstaTística Europea ao quedar en cuarto lugar. Parabéns aos nosos alumnos e alumnas

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut