Skip to Content

Premios Extraordinarios de ESO 2023/2024

A Consellería de Educación publicou a Orde do 29 de maio de 2024 pola que se convocan os premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023/2024 e o prazo de presentación remata o vindeiro 8 de xullo.

DOTACIÓN: Concederanse un máximo de 20 premios de 1000 euros como máximo cada un. Ademais o alumnado poderá optar ós premios nacionais de ESO.

Os REQUISITOS para optar a estes premios son:
  • Ter cursado 4º de ESO no curso 2023/2024 no Réxime Ordinario en Galicia.
  • Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de ESO.
  • Obter unha media igual ou superior a 9 puntos (media de todas as materias dos catro cursos de ESO). 
PROBAS:

A realización da proba terá lugar o 4 de setembro de 2024.
 
No DOG publicaranse os lugares e o horario de celebración da proba, que en xeral será dentro da provincia onde se atope o expediente do alumno/a.
 
A proba está estruturada en dúas partes.
 
a) A primeira parte constará de diversas cuestións referidas ás seguintes materias de 4º curso, a realizar nun máximo de 2 horas
  • Lingua Galega e Literatura
  • Lingua Castelá e Literatura
  • Primeira lingua estranxeira
O alumnado con exención en lingua galega e literatura, quedará exento da realización da correspondente parte da proba, sempre e cando a dita exención se acredite documentalmente.
 

b) Na segunda parte o alumnado dará resposta a diversas cuestións teóricas e/ou prácticas, de dúas materias do currículo de cuarto curso, nun máximo de 90 minutos:

  • Xeografía e Historia. 
  • Matemáticas A ou Matemáticas B (segundo o cursado polo alumnado).

ENLACES:



page | by Dr. Radut