A búsqueda dun novo modelo de convivencia que xestione os conflitos dun xeito eficaz e colaborativo e que ademáis inclúa a xestión emocional como parte do seu ADN é un bonito reto que temos por diante no noso Instituto.
Neste sentido e, a partires dos obradoiros de conflito e convivencia desenvolvidos o pasado 15 de xaneiro, púxose en marcha o programa de alumnado axudante, que consiste na resolución de conflitos de baixa intensidade entre iguais (alumnado) coa colaboración do profesorado-titor do programa e baixo a coordinación da Orientadora Nuria e do Xefe de Estudos Xose.
O alumnado axudante de cada grupo seleccionouse nunha sesión baixo a supervisión dos coordinadores e o profesorado-titor (Lorena, Javi, Alejandra e Rodrigo) e elixiuse entre os compañeiros e compañeiras de cada aula. En total 3 alumnos/as por aula de 1º, 2º e 3º ESO.
Posteriormente, o alumnado seleccionado tivo unha formación de dúas mañás (29 de febreiro e 1 marzo) na AAVV de Coruxo para aprender a resolver os conflitos entre iguais.
A posta en marcha do alumnado axudante previsiblemente evolucionará no alumnado mediador, un paso máis no noso futuro modelo de convivencia e xestión de conflitos.
Estas actuacións enmárcanse dentro do programa Convive-T do CP Inclúe, programa que ten como obxectivo mellorar a convivencia no IES Coruxo a través de prácticas innovadoras na xestión de conflitos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Comezando.jpeg | 164.06 KB |
Comezando 2.jpeg | 122.79 KB |
Facendo grupos.jpeg | 152.85 KB |
Facendo grupos 2.jpeg | 141.63 KB |
De 2 en 2 A.jpeg | 136.46 KB |
De 2 en 2 B.jpeg | 145.92 KB |
De 2 en 2 C.jpeg | 174.68 KB |
De 2 en 2 D.jpeg | 150.71 KB |
Foto grupo.jpeg | 114.78 KB |