O alumnado de 3º ESO estivo reflexionando o pasado luns 19 de febreiro sobre novas formas de escravitude no século XXI e, en particular, sobre a trata de seres humanos con fins de explotación sexual, que supón outra forma de violencia de xénero.
Neste sentido e a través dunha serie de dinámicas (como, por exemplo, a dinámica do semáforo, no que o alumnado en base os seus coñecementos ubicábase en asuntos relacionados coa explotación e escravitude na actualidade) introduciuse o tema da trata de seres humanos con fins de explotación sexual e reflexionouse sobre como esto supón outra forma de violencia de xénero.
O Proxecta + “Por 365 días de respecto e igualdade” é un proxecto da Consellería de Educación no que foi seleccionado o Centro e que consiste no desenvolvemento dun proxecto relacionado coa prevención da violencia de xénero dentro do ámbito educativo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Presentación.jpeg | 200.34 KB |
Dinámica.jpeg | 209.4 KB |