O Instituto está a deseñar un novo plan de sustentabilidade medioambiental baseado no aforro enerxético, na recilaxe, no consumo de proximidade, na mobilidade sostible e na sensibilización.
Durante este curso estanse a por en marcha os primeiros pasos orientados, principalmente, a sensibilización e a reciclaxe. Neste sentido, o Centro participa na campaña Pilabot que consiste na reciclaxe de pilas usadas e, no marco deste programa, o alumnado de 1º ESO puido coñecer, a través dun divertido obradoiro, os impactos que xeneran os residuos de pilas e porqué e, ó final do Obradoiro, fixeron un pequeño xogo interactivo.
Todas estas pequenas actuacións agardamos que se concreten nos próximos cursos nun plan integral de sustentabilidade que sitúe ó Instituto como un factor promotor da sostibilidade ecolóxica coa colaboración das organizacións da contorna.
Estas actuacións enmárcanse dentro do CP Innova EDUsostibilidade, onde o Instituto comprométese coa sostibilidade medioambiental.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Breve introdución.jpeg | 168.1 KB |
Concurso interactivo.jpeg | 162.99 KB |
CP Innova.png | 4.58 KB |