O pasado día 31 de xaneiro o alumnado de 2º Bacharelato de Historia da Arte visitou o noso rico patrimonio vigués.
Primeiro visitaron o templo románico de Santa María de Castrelos e despois baixaron ata o Museo Quiñones de León para visitar o pazo e a súa sección de arqueoloxía.
A continuación foron ata un dos templos románicos máis importantes de Galicia, a igrexa de San Salvador de Coruxo, unha auténtica xoia do románico vigués
Todo este percorrido o fixeron cun guía excepcional: D. Rubén Rodríguez, o seu profesor de Historia da Arte.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Castrelos.jpeg | 277.01 KB |
Quiñones de León.jpeg | 186.7 KB |
Interior románico.jpeg | 246.8 KB |
Coruxo.jpeg | 378.82 KB |