O luns 10 de febreiro queremos ter unha reunión coas familias que teñen fillos/as en 6º de primaria nos centros adscritos, así como coas familias que estean interesadas en solicitar praza no noso centro para o vindeiro curso.
Nesta reunión explicaremos o funcionamento do centro, materias, organización de agrupamentos, reforzos, actividades.. e todas aquelas dúbidas que poidan xurdir. Enviaremos a convocatoria aos centros adscritos.