Skip to Content

            

    

Taboleiro

Modificación das NOFC

O consello escolar, reunido o día 13 de Abril de 2023, aprobou unha modificación das normas de organización e funcionamento do centro. 

O artigo 1.3, relativo ao uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos, queda redactado da seguinte forma.

Modificación dos horarios das rutas de bus escolares.

A consellería de mobilidade, que xestiona os servizos de transporte de educación, modificou o horario de algunhas rutas de bus para reducir o tempo de espera do alumnado.

Así o alumnado chegará con menos antelación ao centro de estudos e marchará de xeito inmediato ao remate, minimizándose as esperas.

Nesta LIGAZÓN poden verse os novos horarios axustados.

NOTA de prensa.

 

Actos do 25N

Video do acto conmemorativo do 25N celebrado no instituto.

Hai máis contido relacionado no Blog  da Biblioteca.

 

 

Criterios para a concesión de matrícula de honra 2021/2022

Novos criterios de concesión de matrícula de honra que rexirán a partir do curso 2021/2022.

Aprobados polo claustro de profesores o 5 de abril de 2022, seguindo as instrucións dadas pola consellería de educación na orde do 25 de xaneiro.

Premer na imaxe para acceder á información.

Convocatoria de becas do Ministerio de Educación para o curso 2022/2023

No arquivo adxunto atópase información sobre as becas que ofrece o Ministerio de Educación para o vindeiro curso 2022/2023.

INFORMACIÓN BECAS

Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Ata o vindeiro 30 de setembro de 2021 atópase aberto o prazo para solicitar as axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Poden atopar toda a información relacionada na web do ministerio de educación e na páxina de becas ao alumnado.

 

Modelo de solicitude en papel

Instrucións para cumplimentar a solicitude

Conecta-arte

O Departamento de Xeografía e Historia presenta o proxecto interniveles chamado "Conecta Arte" que pretende achegar a comprensión das manifestacións artísticas e os seus procesos de creación ás alumnas e alumnos. Nel participaron alumnas e ex-alumnas da materia de historia da arte de 2º de Bacharelato.

 

 

Nova na prensa, ENLACE.

 

A ecuación que vale un millón de dólares.

O pasado día 10 de Xaneiro tivemos a honra de asistir no noso centro a unha conferencia a cargo do exalumno Oscar Rivero Salgado. 

Óscar cursou os estudos de ESO e Bacharelato no noso centro entre os anos 2006 e 2012. Entre moitos dos seus logros cómpren destacar os premios extraordinarios en ESO e Bacharelato de Galicia así como os primeiros premios nas olimpiadas galegas de matemáticas dos anos 2010, 2011 e 2012. Tamén participou nas olimpiadas españolas de matemáticas onde chegou a acadar a medalla de ouro no ano 2012, e nas olimpiadas internacionais, medalla de bronce no 2011 e de prata no 2012.

Posteriormente cursou o dobre grado de matemáticas e física na universidade politécnica de Barcelona, rematando os seus estudos cos premios de mellor expediente de matemáticas, mellor expediente de física e mellor traballo de fin de grao, o cal versaba sobre a "Conxectura de Birch e Swinnerton-Dyer", un dos chamados problemas do milenio e obxecto da conferencia coa que nos agasallou.

 

Premendo na imaxe pódese acceder á galería de fotos do evento.

 

 

Enlace á notica na prensa.

Distribuir contido


by Dr. Radut