Skip to Content

Complementarias e extraescolares

Campionato de Bádminton - XOGADE

Nas xornadas do 4 e 5 de abril o noso centro foi a sede de dous campionatos de bádminton interescolares como parte do programa XOGADE. No luns viñeron competir até 4 institutos da contorna para diferentes categorías. 

O campionato contou cun formato diferente ao que se adoitaba facer nos anos previos, para fomentar que as parellas xogasen a maior cantidade posíbel de partidos. Unha parella do noso instituto alzouse co primeiro posto no fin da xornada, moitos parabéns!

Na sesión do martes recibidos a cinco colexios da comarca para repetir o esquema realizado previamente, na cal os nosos no competían xa que non podían por categoría. Os encontros estiveron marcados por unha grande competitividade e deportividade.

Agradecemos dende o departamento de Ed. Física e do noso instituto a todas as parellas por participar así como aos profesores encargados deles, por colaborar e axudar no que precisamos.

Agardamos que podamos repetilo no próximo curso!

 
Álbum: CURSO 2021/2022 -> EF - Bádminton

Carreira de Orientación - Xogade

No pasado 11 de novembro os alumnos de 4º da ESO participaron na carreira de orientación xunto con outros 4 institutos máis dentro do programa XOGADE para promocionar o deporte interescolar.

Por causa da COVID-19 no curso 2020-2021 non participamos ni tan sequera se chegou a realizar ningún evento XOGADE dentro da asociación deportiva Arenteiro, polo que os nosos xa tiñan ganas de abandoar as aulas temporalmente e rodar un pouco polas carballeiras do Carballiño.

E non o fixeron tan mal! Un dos nosos quedou en primeira posición dentro da súa categoría, moitos parabéns!

 
Álbum: CURSO 2021/2022 -> EF - Orientación

Faladoiro sobre sustacias adictivas

No pasado 11 de maio os nosos estudantes tiveron a oportunidade de asistir a unhas charlas sobre sustancias e conductas adictivas levada á cabo por membros da Guardia Civil así como persoal especialista neste tema.

Ademais, os nosos escoitaron de primeira man as testemuñas de varias persoas ligadas a Alcólicos Anónimos que nos puideron contar en primeira persoa as súas experiencias con este tipo de sustancias e as terríbeis consecuencias que tiveron nas súas vidas.

Os alumnos tiveron ocasión posteriormente de facer preguntas e apreciacións aos participantes, amosando grande interese e respecto polo tema.

Dende o IES Chamoso Lamas agradecemos enormemente a participación dos poñentes pola súa franqueza, sinxeleza e claridade á hora de tratar temas tan delicados como o de hoxe.

 
Distribuir contido

                    

 



by Dr. Radut