Skip to Content

Electricidade

CONCURSO XOVES INSTALADORES MATELEC 2024

O 25 de outubro de 2024, representantes da ASOCIACIÓN DE INSTALADORES ELÉCTRICOS E DE TELECOMUNICACIÓNS DE OURENSE E PROVINCIA( INSTALECTRO), xunto a un destacado grupo de empresarios e comerciais do sector da nosa provincia, asistiron ao IES M Chamoso Lamas do Carballiño para coñecer á participante (M.ª Dolores Gómez Salgueiro) que representará a Ourense no Concurso de Xóvenes Instiladores de toda España, que se celebrará no MATELEC 2024 de Madrid, entre os días 5 e 8  de novembro.  Ademáis, fixeron entrega do material eléctrico necesario para practicar a proba do concurso.
Dende o IES M Chamoso Lamas agradecemos a colaboración de todos os axentes implicados e estamos orgullosos de poder presentar ao concurso a esta destacada estudante comprometida con este evento de relevancia Nacional.

A FENIE (Federación Nacional de Empresas de Instalacións Eléctricas, Telecomunicacións e Climatización de España) vén celebrando en MATELEC Salón Internacional de Solucións para a Industria Eléctrica e Electrónica.) en IFEMA (Madrid) o concurso de mozos Instaladores a nivel Nacional de todas as Provincias de España, resultando esta a XVII edición na que terán que realizar unha montaxe eléctrica durante os días 5, 6, 7 e 8 de Xuño, no que tamén se ha incluído unha proba escrita do REBT (Regulamento Electrotécnico de Baixa Tensión), así como a realización dun orzamento mediante unha aplicación.

Este ano houbo un total de 41 Participantes dos cales este ano 3 concursantes eran alumnas femininas deste sector, polas provincias de Cuenca, Valencia e Ourense. O ritmo de traballo foi frenético durante todos os días que durou o concurso. Todos os visitantes á Feira puideron observar a evolución dos e as participantes.

Durante o concurso todos os e as participante tiveron numerosas ofertas de emprego nun sector con cada vez menos profesionais.

 
 
 
 
Álbum: CURSO 2024/2025 -> Concurso Jóvenes Instaladores MATELEC 2024

Descubre o futuro coa nosa nova Aula de Espazos de Tecnoloxía Aplicada de Procesos Automatizados.

Benvidos ao noso centro educativo, onde estamos entusiasmados de presentalo noso último avance educativo: a Aula de Espazos de Tecnoloxía Aplicada de Procesos Automatizados. Neste mundo impulsado pola innovación tecnolóxica, cremos que é esencial preparar aos nosos estudantes para o futuro equipándoos con habilidades prácticas e experiencias significativas no ámbito da tecnoloxía.

Actividade de emprendemento visitas a ARISA e grupo ANIBAL

Visita dos alumnos do Centro a ARISA e Grupo Anibal
 
A actividade de emprendemento na que os estudantes do IES Manuel Chamoso Lamas visitaron a empresa de bobinados eléctricos ARISA e a empresa de proxectos tecnolóxicos Grupo Anibal foi moi interesante e educativa. Estas dúas visitas proporcionan aos estudantes unha valiosa experiencia práctica e exposición a dous aspectos clave do mundo empresarial de cara o emprendemento:
 
Visita a ARISA (empresa de bobinados eléctricos):
Os estudantes aprenderon sobre a fabricación e reparación de bobinados eléctricos, que son componentes esenciais en motores eléctricos, xeradores e outros dispositivos eléctricos.
Conseguiron información sobre as tecnoloxías e procesos utilizados na empresa, así como os estándares de calidade e seguridade aplicados na fabricación de compoñentes eléctricos.
Isto ofrécelles a oportunidade de ver como unha empresa industrial opera na práctica e como contribúe á economía local.
 
Visita a Grupo Anibal (empresa de proxectos tecnolóxicos):
Os estudantes exploraron o mundo da tecnoloxía, da innovación e emprendemento ao visitar unha empresa especializada en proxectos tecnolóxicos. Adentraronse na investigación e desenvolvemento de novas tecnoloxías, así como como estas tecnoloxías se aplican en proxectos concretos.

Álbum: CURSO 2023/2024 -> Actividade de emprendemento visitas a ARISA e grupo ANIBAL
Distribuir contido

                    

 



by Dr. Radut