Skip to Content

Complementarias e extraescolares

Iniciación á escalada

No pasado 8 de maio o alumnado de 4º da ESO viaxou até o Pavillón dos Remedios, en Ourense, para desfrutar dunha xornada de iniciación á escalada.

A sesión foi levada a cabo por dous monitores de ASESOU (Asociación de Escaladores Ourensáns), as cales agradecemos o seu traballo por amosar dunha maneira divertida este deporte aos nosos.

Tivemos oportunidade de aprender o funcionamento do material básico e de intentar varias vías de escalada, algúns e algunhas até se atreveron co "autoenrolador"!

Ao rematar as dúas sesións fixemos unha pequena andainda até o parque de Oira, onde tivemos tempo para desfrutar do que restaba de mañá con material deportivo proporcionado polo departamento de Educación Física.

 
Álbum: CURSO 2021/2022 -> EF - Iniciación á escalada

Excursión a Marín

No pasado 9 de maio os alumnos e alumnas de 2º da ESO foro de excursión a Marín a cargo do departamento de Educación Física. 

Alí puideron gozar dunha xornada de deporte na natureza no parque multiaventuras de Marín, o cal conta con varias torres multiaventura con diferentes dificultades.

Os nosos non se amilanaron e fixeron un gran traballo, incluso algúns deles animáronse coas vías máis complicadas!

Ao rematar aínda tivemos tempo para ir á praia de Mogor e aproveitar os raios de sol para darnos un mergullo ou para xogar un bo anaco co balón.

 
Álbum: CURSO 2021/2022 -> EF - Ecoparque multiaventuras

Sendeirismo polas Illas Cíes

Na xornada do 24 de maio o alumnado de 4º da ESO viaxou ao parque atlántico das Illas Cíes para desfrutar dunha xornada de sendeirismo e turismo polas fermosas vías e praias do arquipélago máis famoso do noso país.

Pudemos facer un pequeno roteiro de 5 km a cargo dunha especialista que nos ía explicando tanto a flora como a fauna local. As condicións climatolóxicas e despois de subir até o faro para desfrutar das vistas da rías de Vigo os rapaces e rapazas tiveron tempo para un mergullo perto da zona do porto.

 
Álbum: CURSO 2021/2022 -> EF - Sendeirismo polas illas Cíes
Distribuir contido

                    

 



by Dr. Radut