INFORMACIÓN RELEVANTE SOBRE A FP
CALENDARIO DE PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS E SUPERIORES
CONVOCATORIA ORDINARIA
ANO 2009
Probas de acceso | Datas Grao superior | Datas Grao medio |
---|---|---|
Inscrición para á proba. | 19 a 30 de xaneiro | 2 ao 13 de marzo |
Publicación da relación provisional de inscritos. | 3 de febreiro | 17 de marzo |
Reclamación a listaxe provisional de inscritos e presentación de documentación adicional. | 4 ao 6 de febreiro | 18 ao 24 de marzo |
Publicación da relación definitiva de inscritos. | 10 de febreiro | 26 de marzo |
Publicación dos centros públicos onde se realizarán as probas cos centros adscritos. | 13 de febreiro | 1 de abril |
Publicación das resolucións provisionais de exencións e probas adaptadas. | 18 de febreiro | 7 de abril |
Reclamacións contra a listaxe provisional de exencións e probas adaptadas. | 19, 20 e 26 de febreiro | 14, 15 e 16 de abril |
Publicación da resolución definitiva de exencións e probas adaptadas. | 9 de marzo | 24 de abril |
Data límite para cargar os datos dos PCPI. | 29 de maio | |
Celebración da proba. | 3 DE ABRIL | 3 DE XUÑO |
Publicación das cualificacións provisionais. | 23 de abril | 11 de xuño |
Reclamacións ás cualificacións provisionais. | 24, 27 e 28 de abril | 12, 15 e 16 de xuño |
Publicación das cualificacións definitivas. | 8 de maio | 25 de xuño |
Entrega de certificados nos centros. | 11 de maio | 26 de xuño |
Acceso á Formación Profesional de Grao Medio.
1.Título de Graduado en E S O.
2. Mediante proba de acceso.
ACCESO MEDIANTE PROBA
• Para presentarse á prueba é necesario facer unha preinscripción. A data de preinscripción é do 2 ó 13 de marzo e a data do exame será o 3 de xuño.
• Ter cumpridos os 17 anos de idade no ano natural no que se realiza a proba.
NOVIDADE! No DOG de 16 de decembro de 2008 vense de publicar unha Orde que varía a estructura da proba e algunha cousa máis.
A proba consta de tres partes :
Parte sociolingüística, toma como referencia
- Lingua castelá.
- Lingua galega.
- Ciencias sociais.
Parte Matemática: competencias básicas en:
- Matemáticas.
Parte científico-técnica: competencias en:
- Ciencias da natureza.
- Tecnoloxía.
Tamén podes estar exento ou exenta de algunha das probas anteriores. Vamos a ver:
EXENCIÓNS PARCIAIS
Exención da parte sociolingüística:
- Ter superado o ámbito social e de comunicación do PCPI
Exención da parte matemática e da parte científico-técnica:
- Ter superado o ámbito científico-tecnolóxico do PCPI
Exención da parte científico-técnica:
- Ter superados os módulos obrigatorios do PCPI (os do centro de traballo)
- Acreditando un ano de experiencia laboral en xornada completa.
AS NOTAS
- Tes que sacar un mínimo de 4 puntos en cada unha das partes para poder aprobar.
- A nota final é a media aritmética de todas as partes das que te examines e ten que ser de 5 ou superior para que teñas aprobado o acceso a Ciclo Medio.
VALIDEZ DAS PROBAS
- A proba de acceso ten validez en todo o territorio do Estado.
- As partes que teñas aprobadas con un 5 ou máis gárdanse durante dous anos por se suspendes e te tes que presentar nas próximas convocatorias.
Acceso á Formación Profesional de Grao Superior
1. Título de Bacharelato.
2. Mediante proba de acceso, se non tes o bacharelato.
ACCESO MEDIANTE PROBA
• Para presentarse á proba é necesario facer unha preinscripción. A data de preinscripción é do 19 ó 30 de xaneiro e a data do exame será 3 de abril.
• Ter cumpridos os 19 anos de idade no ano natural no que se realiza a proba.
• Ter cumpridos os 18 anos de idade ou cumprilos no ano natural en que se realice a proba e estar en posesión dun Título de Técnico en Grao Medio da mesma familia profesional.
NOVIDADE! No DOG de 16 de decembro de 2008 vense de publicar unha Orde que varía a estructura da proba e algunha cousa máis.
A proba consta de dúas partes :
Parte Común:
É común a todas as opcións e ten contidos das materias de Bacharelato:
- Lingua Castelá
- Lingua Galega
- Matemáticas
Parte Específica:
- O aspirante debe acreditar as súas capacidades referentes ó campo profesional de que se trate. Quedarán exentos aqueles que teñan superado un Ciclo Formativo de Grao Medio da mesma familia profesional,ou acrediten unha experiencia laboral, de alomenos 1 ano, que se corresponda cos estudios profesionais que se desexen cursar.
Esta parte específica organízase en 3 opcións según as familias de profesións as que se queira optar e o alumno ou alumna debe elixir unha das opcións e escoller duas das tres materias para examinarse de elas.
-Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés) e filosofía e cidadanía.
-Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial e física.
-Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.
EXENCIÓNS PARCIAIS
Exención da parte común:
- Ter superada a proba de acceso a outros ciclos formativos de grao superior.
- Ter superada a proba de acceso a outros ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.
AS NOTAS
- Tes que sacar un mínimo de 4 puntos en cada unha das partes para poder aprobar.
- A nota final é a media aritmética de todas as partes das que te examines e ten que ser de 5 ou superior para que teñas aprobado o acceso a Ciclo Medio.
VALIDEZ DAS PROBAS
- A proba de acceso ten validez en todo o territorio do Estado.
- As partes que teñas aprobadas con un 5 ou máis gárdanse durante dous anos por se suspendes e te tes que presentar nas próximas convocatorias.
Máis sobre a Formación Profesional.