PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Enderezo: Av. da Ponte, 102, 36215 Vigo, Pontevedra  
  
Horario de clases:


            De luns a venres de 8:40 a 14:10 horas
            Luns: 16:50 a 18:30 horas
            Recreo: 11:10 a 11:40 horas
 
Horario de oficinas:

             De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
 
Horario de visitas: 
         
            Prégase pedir cita previa
 
Correo electrónico: ies.carlos.casares@edu.xunta.gal
             Conserxería: 886 12 04 29
         Secretaría: 886 12 04 30
 
 

 

ANPA

 

  

VIAXES FIN DE CURSO  

 

 

Tagged:  



INFORMACIÓN RELEVANTE SOBRE A FP 

 

CALENDARIO DE PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS E SUPERIORES
CONVOCATORIA ORDINARI
A

ANO 2009

Probas de acceso Datas Grao superior Datas Grao medio
Inscrición para á proba. 19 a 30 de xaneiro 2 ao 13 de marzo
Publicación da relación provisional de inscritos. 3 de febreiro 17 de marzo
Reclamación a listaxe provisional de inscritos e presentación de documentación adicional. 4 ao 6 de febreiro 18 ao 24 de marzo
Publicación da relación definitiva de inscritos. 10 de febreiro 26 de marzo
Publicación dos centros públicos onde se realizarán as probas cos centros adscritos. 13 de febreiro 1 de abril
Publicación das resolucións provisionais de exencións e probas adaptadas. 18 de febreiro 7 de abril
Reclamacións contra a listaxe provisional de exencións e probas adaptadas. 19, 20 e 26 de febreiro 14, 15 e 16 de abril
Publicación da resolución definitiva de exencións e probas adaptadas. 9 de marzo 24 de abril
Data límite para cargar os datos dos PCPI. 29 de maio
Celebración da proba. 3 DE ABRIL 3 DE XUÑO
Publicación das cualificacións provisionais. 23 de abril 11 de xuño
Reclamacións ás cualificacións provisionais. 24, 27 e 28 de abril 12, 15 e 16 de xuño
Publicación das cualificacións definitivas. 8 de maio 25 de xuño
Entrega de certificados nos centros. 11 de maio 26 de xuño

Acceso á Formación Profesional de Grao Medio.

1.Título de Graduado en E S O.
2. Mediante proba de acceso.

ACCESO MEDIANTE PROBA
• Para presentarse á prueba é necesario facer unha preinscripción. A data de preinscripción é do 2 ó 13 de marzo e a data do exame será o 3 de xuño.
• Ter cumpridos os 17 anos de idade no ano natural no que se realiza a proba.


NOVIDADE! No DOG de 16 de decembro de 2008 vense de publicar unha Orde que varía a estructura da proba e algunha cousa máis.

A proba consta de tres partes :
Parte sociolingüística, toma como referencia
- Lingua castelá.
- Lingua galega.
- Ciencias sociais.

Parte Matemática: competencias básicas en:
- Matemáticas.

Parte científico-técnica: competencias en:
- Ciencias da natureza.
- Tecnoloxía.

Tamén podes estar exento ou exenta de algunha das probas anteriores. Vamos a ver:

EXENCIÓNS PARCIAIS

Exención da parte sociolingüística:
- Ter superado o ámbito social e de comunicación do PCPI

Exención da parte matemática e da parte científico-técnica:
- Ter superado o ámbito científico-tecnolóxico do PCPI

Exención da parte científico-técnica:
- Ter superados os módulos obrigatorios do PCPI (os do centro de traballo)
- Acreditando un ano de experiencia laboral en xornada completa.

AS NOTAS

- Tes que sacar un mínimo de 4 puntos en cada unha das partes para poder aprobar.
- A nota final é a media aritmética de todas as partes das que te examines e ten que ser de 5 ou superior para que teñas aprobado o acceso a Ciclo Medio.

VALIDEZ DAS PROBAS
- A proba de acceso ten validez en todo o territorio do Estado.
- As partes que teñas aprobadas con un 5 ou máis gárdanse durante dous anos por se suspendes e te tes que presentar nas próximas convocatorias.

Acceso á Formación Profesional de Grao Superior
1. Título de Bacharelato.
2. Mediante proba de acceso, se non tes o bacharelato.

ACCESO MEDIANTE PROBA
• Para presentarse á proba é necesario facer unha preinscripción. A data de preinscripción é do 19 ó 30 de xaneiro e a data do exame será 3 de abril.
• Ter cumpridos os 19 anos de idade no ano natural no que se realiza a proba.
• Ter cumpridos os 18 anos de idade ou cumprilos no ano natural en que se realice a proba e estar en posesión dun Título de Técnico en Grao Medio da mesma familia profesional.

NOVIDADE! No DOG de 16 de decembro de 2008 vense de publicar unha Orde que varía a estructura da proba e algunha cousa máis.
A proba consta de dúas partes :
Parte Común:
É común a todas as opcións e ten contidos das materias de Bacharelato:
- Lingua Castelá
- Lingua Galega
- Matemáticas

Parte Específica:
- O aspirante debe acreditar as súas capacidades referentes ó campo profesional de que se trate. Quedarán exentos aqueles que teñan superado un Ciclo Formativo de Grao Medio da mesma familia profesional,ou acrediten unha experiencia laboral, de alomenos 1 ano, que se corresponda cos estudios profesionais que se desexen cursar.
Esta parte específica organízase en 3 opcións según as familias de profesións as que se queira optar e o alumno ou alumna debe elixir unha das opcións e escoller duas das tres materias para examinarse de elas.
-Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés) e filosofía e cidadanía.
-Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial e física.
-Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.

EXENCIÓNS PARCIAIS
Exención da parte común:
- Ter superada a proba de acceso a outros ciclos formativos de grao superior.
- Ter superada a proba de acceso a outros ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.

AS NOTAS
- Tes que sacar un mínimo de 4 puntos en cada unha das partes para poder aprobar.
- A nota final é a media aritmética de todas as partes das que te examines e ten que ser de 5 ou superior para que teñas aprobado o acceso a Ciclo Medio.

VALIDEZ DAS PROBAS
- A proba de acceso ten validez en todo o territorio do Estado.
- As partes que teñas aprobadas con un 5 ou máis gárdanse durante dous anos por se suspendes e te tes que presentar nas próximas convocatorias.
Máis sobre a Formación Profesional.

http://www.edu.xunta.es/fp/