|
Os alumnos e alumnas de Tecnoloxía de 4º da ESO gañan o 2º Premio no V Concurso Galego de Robótica. O pasado xoves 28 de febreiro, 41 alumnos e alumnas de Tecnoloxía de 4º da ESO participaron no V Concurso Galego de Robótica, organizado por IGACIENCIA e a FUNDACIÓN BARRIÉ, na Coruña. Estes alumnos debían progamar un robot de "LEGO" para que realizase unha serie de retos que iban aumentando en dificultade. Cada reto conseguido supoñía conseguir puntos. O grupo que máis puntos acadou (50) colocou o IES Canido na 2ª posición no concurso, onde participaron centros de toda Galicia. |