Infórmase ao alumnado de que a partir do mes de abril todas as actividades que deben realizar durante a suspensión das aulas estarán á súa disposición na aula virtual do centro.
A estas alturas non quedará ninguén que non vise o vídeo dos 1000 escolares que cantaron en Navantia coa cantante Guadi Galego, non si?
Pois aló estivo o IES Canido, tras o traballo coral que fixeron as semanas previas os nosos alumnos xunto coas profesoras de Música, Cristina e máis Encina. Podedes ver a delegación canidense en Navantia:
Velaquí toda a nosa delegación con Guadi Galego:
E a nosa localización, xunto aos demais institutos de secundaria participantes:
A actividade, organizada polo Centro de Formación e Recursos de Ferrol para celebrar o Día das Letras Galegas e tamén para reivindicar o estudo da Música nos centros educativos, supuxo unha experiencia ben fermosa para todo o alumnado implicado así como para os profesores que tiveron a sorte de participar.