Skip to Content

Monumento memorial ás vítimas do franquismo

Bo día.

Nestes últimos anos, os historiadores Xosé Suárez e Bernardo Máiz recompilaron os nomes e as historias das máis de 900 vítimas mortais do franquismo na comarca de Ferrol, Eume e Ortegal, así como dos concellos de Miño e Vilarmaior (actualmente da comarca de Betanzos).
 
O noso instituto, daquela cemiterio de Canido, foi un dos lugares onde moitas desas vítimas foron asasinadas, e forma parte da nosa memoria colectiva.
 
Co fin de manter presente a memoria desta nefasta etapa da nosa historia, a Comisión Promemorial ás vítimas do franquismo de Ferrolterra, Eume e Ortegal promoveu a realización dunha homenaxe a todas elas.
 
Este sábado día 24 de febreiro, as 12h., e no parque Gaiteiro Antón Varela (detrás do instituto IES Canido), vaise inaugurar un memorial a esas vítimas. O monumento foi realizado dun xeito totalmente desinteresado polo escultor Manuel Patinha, e leva gravados os nomes de todas e cada unha das máis de 900 vítimas.
 
Pode ser un bo momento para vernos, nun acto necesario para esta sociedade en xeral, e para a nosa comunidade educativa en particular.
 
Adxunta vai a invitación ao acto.

Saúdos

AdxuntoTamaño
Invitacion JPG.jpg1.23 MB


page | by Dr. Radut