As actividades realizadas no IES Canido co galo do Día do Libro foron diversas.
Cabe destacar a singular "furgoteca", realizada polo alumnado de Plástica que percorreu o xoves o barrio repartindo libros entre os veciños e veciñas. Durante o percorrido os xóvenes voluntarios e voluntarias da biblioteca realizaron diferentes paradas onde realizaron lecturas de contos e textos.
Ademáis levouse a cabo estes días, unha campaña de recollida de alimentos onde se intercambiaron libros por alimentos, destinados estes últimos á Cociña Económica.
Tamén, o alumnado de Oratoria foron polas clases de 1º ciclo de ESO, caracterizados para lerlles uns textos.
Noraboa polo traballo realizado!!