Skip to Content

INFORMACIÓN ACLARATORIA SOBRE A MATRÍCULA E O FONDO DE LIBROS

Lembramos que o procedemento de admisión non equivale aos trámites da matrícula.

A partir do luns, 11 de maio, reiníciase (ata o 18 do mesmo mes) o proceso de admisión, no que se participa cando hai cambio de centro educativo polas circunstancias que sexan. 

A matricula ordinaria e extraordinaria será, de acordo co establecido na Resolución da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 7 de maio de 2020, do 1 ao 10 xe xullo (ordinaria) e do 1 ao 10 de setembro (extraordinaria).

No que respecta ás axudas do fondo de libros para o próximo curso, hai que esperar á publicación da orde da Consellería que regula o procedemento de participación. Igual que en anos anteriores, avisarase dos prazos e características da convocatoria a través desta web e de Abalar .



book | by Dr. Radut