Skip to Content

Curso 2020-2021

AGASALLO DESPEDIDA ALUMNADO CLUB CIENCIA 2º BACH

28/06/2021 10:00
28/06/2021 23:43

O alumnado de 2º Bacharelato participante no Club de Ciencia recibe un pequeno agasallo de despedida.

               

1ºBAC RUTA EN KAIAK

22/06/2021 14:00
22/06/2021 22:00

O alumnado de 1º de BAC participante no club de ciencias do IES Cabo Ortegal realizou unha ruta en kaiak polo río Sor o 22 de xuño de 2021 de 14:00 a 22:00 horas

                 

                     

4ºESOA CHARLA

15/06/2021 13:10
15/06/2021 13:50

O alumnado de 4º ESO A terá unha charla sobre ludopatía o martes 15-06-2021 de 13:10 a 13:50 horas

3ºESOA CHARLA

15/06/2021 12:20
15/06/2021 13:10

O alumnado de 3º ESO A terá unha charla sobre ludopatía o martes 15-06-2021 de 12:20 a 13:10 horas

4ºESO: REPRESENTACIÓN "POPSÍA"

25/05/2021 12:10
25/05/2021 13:30

O martes 25 de maio de 2021 de 12:10 a 13:30 horas o alumnado de 4º ESO asistirá á presentación da obra Popsía de Fran Amil.
Fran Amil, músico, compositor e produtor coruñés, estivo presente na época do rock bravú galego e formou parte de Os Papaqueixos, Ruxe Ruxe ou os Diplomáticos de Monte Alto.
“Popsía” supón un achegamento inédito que escolma poemas dende o medievo ata a actualidade, converténdoos en cancións a ritmo de rock, pop e soul, entre a máis selecta gama de xéneros musicais contemporáneos.

3ºESO e 3ºPMAR: REPRESENTACIÓN "POPSÍA"

25/05/2021 09:20
25/05/2021 11:00

O martes 25 de maio de 2021 de 09:20 a 11:00 horas o alumnado de 3º ESO e 3º PMAR asistirá á presentación da obra Popsía de Fran Amil.
Fran Amil, músico, compositor e produtor coruñés, estivo presente na época do rock bravú galego e formou parte de Os Papaqueixos, Ruxe Ruxe ou os Diplomáticos de Monte Alto.
“Popsía” supón un achegamento inédito que escolma poemas dende o medievo ata a actualidade, converténdoos en cancións a ritmo de rock, pop e soul, entre a máis selecta gama de xéneros musicais contemporáneos.

1ºBAC RUTA AO FUCIÑO DO PORCO

13/05/2021 10:30
13/05/2021 17:00

O xoves 13 de maio de 10:30 a 17:00 horas, o alumnado de 1º BAC realizará unha ruta ao Fuciño do Porco organizada polo Club de Ciencias do instituto.

 

3ºPMAR CHARLA IMPARTIDA POR FADEMUR

10/05/2021 16:50
10/05/2021 17:40

O alumnado de 4º ESO A ten unha charla sobre a "violencia de género" e "mitos do amor romántico" a cargo de FADEMUR o luns 10-5-2021 de 16:50 a 17:40 horas

4ºESOA CHARLA IMPARTIDA POR FADEMUR

10/05/2021 16:00
10/05/2021 16:50

O alumnado de 4º ESO A ten unha charla sobre a "violencia de género" e "mitos do amor romántico" a cargo de FADEMUR o luns 10-5-2021 de 16:00 a 16:50 horas

3ºESOA CHARLA IMPARTIDA POR FADEMUR

10/05/2021 10:10
10/05/2021 11:00

O alumnado de 3º ESO A ten unha charla sobre a "violencia de género" e "mitos do amor romántico" a cargo de FADEMUR o luns 10-5-2021 de 10:10 a 11:00 horas

3ºA E 4ºA ESO: CHARLA/OBRADOIRO POR QUÉ "NACÍN" ENXEÑEIRA

23/04/2021 12:00
23/04/2021 13:00

O alumnado de 3º ESO A e 4º ESO A terá o venres 23 de abril de 2021 unha charla/obradoiro sobre "Por qué nacín enxeñeira?" impartida por Eva Cernadas García, profesora titular de universidade e investigadora vinculada ao CiTIUS

4ºESO: TALLER QUÉROTE

20/04/2021 12:20
20/04/2021 14:00

O alumnado de 4º ESO asistirá a un taller sobre sexualidade impartido por Quérote o martes 20 de abril de 12:20 a 14:00 horas

3ºPMAR TALLER QUÉROTE

20/04/2021 08:30
20/04/2021 10:10

O alumnado de 3º PMAR asistirá a un taller sobre sexualidade impartido por Quérote o martes 20 de abril de 08:30 a 10:10 horas

1ºBAC RUTA Á PRAIA DE AREAS NEGRAS

15/04/2021 10:30
15/04/2021 17:00

O xoves 15 de maio de 11:50 a 17:00 horas, o alumnado de 1º BAC realizará unha ruta á Praia de Areas Negras de Teixidelo organizada polo Club de Ciencias do instituto.


 

4º ESO CHARLA CON ARANTZA PORTABALES

12/04/2021 16:00
12/04/2021 16:50

O alumnado de 4º ESO ten unha charla coa autora Arantza Portabales o luns 12-4-21 de 16:00 a 16:50 horas

CONCURSO SNACK EXPERIMENTS

19/04/2021 12:55
19/04/2021 12:55

O Club de Ciencia organiza o concurso 'Snack Experiments' para o alumnado de 1º Bach. O concurso consiste en gravar un video curto no que se leve a cabo un experimento breve con materiais que se teñen na casa.

  

 Vídeos finalistas

Gañadora do concurso

 

Agasallo aos participantes

 

 

 

EXPOSICIÓN CIUDAD CIENCIA 'LAS CHICAS SOMOS GUERRERAS'

24/03/2021 11:00
24/03/2021 12:20

O alumnado de 1º Bacharelato visita a exposición 'Las chicas somos guerreras' no local social da Casa do Concello o mércores 24 de marzo de 11:00 a 12:20h. Dita exposición é unha nova proposta do proxecto de divulgación Ciudad Ciencia para Cariño, que foi deseñada polo Museo Nacional de Ciencias Naturais do CSIC.

                        

 

2ºBAC B CHARLA USC

15/03/2021 12:20
15/03/2021 13:10

O alumnado de 2º BAC B ten unha charla, impartida por Javier López, dentro do programa A Ponte da USC o luns 15-3-21 de 12:20 a 13:50 horas

2ºBAC A CHARLA USC

15/03/2021 10:10
15/03/2021 11:50

O alumnado de 2º BAC A ten unha charla, impartida por Javier López, dentro do programa A Ponte da USC o luns 15-3-21 de 10:10 a 11:50 horas

1º BAC CHARLA CON ARANTZA PORTABALES

26/04/2021 16:00
26/04/2021 16:50

O alumnado de 1º BAC ten unha charla coa autora Arantza Portabales o luns 26-4-21 de 16:00 a 16:50 horas

CONCURSO 11F DESCUBRE AS TÚAS CIENTÍFICAS

11/02/2021 20:41
12/02/2021 20:41

O Club de Ciencias en colaboración coa Biblioteca e o Equipo de Dinamización organiza un concurso para todo o alumnado da ESO e Bacharelato coincidindo có 11 de Febreiro, Día da Nena e a Muller na Ciencia.

  

Gañadoras do concurso

  

 

2ºBAC A CHARLA ORIENTACIÓN

22/12/2020 12:20
22/12/2020 13:10

O alumnado de 2º BAC A ten unha charla impartidas polo departamento de orientación o martes 22-12-20 de 12:20 a 13:10 horas.

2ºBAC B CHARLA ORIENTACIÓN

22/12/2020 10:10
22/12/2020 11:00

O alumnado de 2º BAC B ten unha charla impartidas polo departamento de orientación o martes 22-12-20 de 10:10 a 11:00 horas.

I CAMPIONATO DE CUBO DE RUBIK

I Campionato de Cubo de Rubik do IES Cabo Ortegal, organizado polo Equipo da Biblioteca en colaboración co Club de Ciencias no marco das actividades do Mes da Ciencia en galego.

Nesta mañá gris, a chuvia deunos unha tregua e por fin puidemos celebrar o tan agardado I Campionato do cubo de Rubik, que tiveramos que adiar.

A expectación era máxima no patio e xs participantes estiveron á altura. Canto talento no Cabo Ortegal!!
 
 
 
Dende aquí queremos darlle as grazas a todo o alumnado que participou e os nosos parabéns ós gañadores das dúas categorías por resolver o reto nun tempo récord. Que cracks!

Anxo Taracido, de 2º ESO, gañador da categoría de 1º, 2º e 3º ESO (2 minutos e medio)

Mónica Rodríguez, de 4º ESO, gañadora da categoría de 4º ESO e BACH (7,88 segundos)

Xa sabedes, todo o mundo a practicar que o próximo ano temos que superar estas marcas!

Pica aquí para ver o vídeo resumo do campionato!

CONCURSO EN BUSCA DO ENIGMA PERDIDO

19/11/2020 20:09
27/11/2020 20:09

O Club de Ciencias organiza, en colaboración coa Biblioteca e o Equipo de Dinamización, o concurso 'En busca do enigma perdido' do 19 ao 27 de novembro coincidindo co mes da ciencia en galego.

  

Gañadores do concurso

  

  

  

  

1ºBACB CONMEMORACIÓN 25N

27/11/2020 10:10
27/11/2020 11:00

Con motivo da semana conmemorativa da Eliminación da Violencia contra a Muller, a asistente social do Concello de Cariño impartirá información sobre ese tema o venres 27 de novembro de 2020 de 09:20 a 10:10 horas

1ºBACA CONMEMORACIÓN 25N

27/11/2020 09:20
27/11/2020 10:10

Con motivo da semana conmemorativa da Eliminación da Violencia contra a Muller, a asistente social do Concello de Cariño impartirá información sobre ese tema o venres 27 de novembro de 2020 de 09:20 a 10:10 horas

1ºESO CONMEMORACIÓN 25N

26/11/2020 12:20
26/11/2020 13:10

Con motivo da semana conmemorativa da Eliminación da Violencia contra a Muller, a asistente social do Concello de Cariño impartirá información sobre ese tema o xoves 26 de novembro de 2020 de 12:20 a 13:00 horas

CONMEMORACIÓN 25 N

O alumnado de 1º da ESO que cursa a materia de Investigación e tratamento da información elaborou este vídeo para conmemorar o 25 N. 

3ºPMAR CONMEMORACIÓN 25N

25/11/2020 11:30
25/11/2020 12:20

Con motivo da semana conmemorativa da Eliminación da Violencia contra a Muller, a asistente social do Concello de Cariño impartirá información sobre ese tema o mércores 25 de novembro de 2020 de 11:30 a 12:20 horas

Distribuir contido


by Dr. Radut