25/05/2021 12:10
25/05/2021 13:30
O martes 25 de maio de 2021 de 12:10 a 13:30 horas o alumnado de 4º ESO asistirá á presentación da obra Popsía de Fran Amil.
Fran Amil, músico, compositor e produtor coruñés, estivo presente na época do rock bravú galego e formou parte de Os Papaqueixos, Ruxe Ruxe ou os Diplomáticos de Monte Alto.
“Popsía” supón un achegamento inédito que escolma poemas dende o medievo ata a actualidade, converténdoos en cancións a ritmo de rock, pop e soul, entre a máis selecta gama de xéneros musicais contemporáneos.