O xoves 29 de outubro levouse a cabo unha sesión de formación dos novos usuarios de 1º ESO, que debido ás circunstancias actuais se realizou en dous espazos e en varias quendas.
Comezamos conversando co grupo na súa aula. A rapazada contounos que é para eles unha Biblioteca, as súas experiencias previas nestes lugares e a súa relación coa lectura. A continuación proxectamos un vídeo elaborado polo Equipo da Biblioteca no que o alumnado dos cursos máis altos nos explican as novas normas de uso derivadas da crise da COVID. Podedes ver o vídeo completo na web do centro (pica aquí).
En quendas baixaron á biblioteca para que os novos usuarios puidesen coñecer os seus fondos e ver como están organizados.