Segundo a Orde do 28 de outubro de 2021, pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (DOG nº 218 do venres, 12 de novembro de 2021) establécese que:
Será beneficiario das máscaras, directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar. Aquel alumnado que por diversas circunstancias non fose beneficiario para adquirir material escolar poderá solicitalo se cumpre os seguintes requisitos establecidos na orde.
a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 €.
b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.
O prazo de presentación de solicitudes realizarase no centro, con data límite do 26 de novembro incluído.