Skip to Content
TELÉFONOS DE CONTACTO: 881960101 - 698148050 - 698148051

1ªBAC CHARLA COÑÉCETE

22/10/2021 12:20
22/10/2021 13:10

O alumnado de 1º BAC ten unha charla, organizada polo concello, sobre o fomento da igualdade, a autoestima e as relacións saudables o venres 22-10-2021 de 12:20 a 13:10 horas

4ºESO CHARLA COÑÉCETE

22/10/2021 11:00
22/10/2021 11:50

O alumnado de 4º ESO ten unha charla, organizada polo concello, sobre o fomento da igualdade, a autoestima e as relacións saudables o venres 22-10-2021 de 11:00 a 11:50 horas

4ºESO e 1ºBAC e 2ºBAC: DOCUMENTAL, COLOQUIO E RECITAL

20/10/2021 10:10
20/10/2021 13:10

O alumnado de 4º ESO e de 1º e 2º de BAC participa o mércores 20-10-21 de 10:10 a 13:10 nunha actividade na que a poeta Emma Pedreira e o director Carlos Lorenzo presentan o documental Vértice de Versos e manterán co público un coloquio, ademáis dun recital da poeta.

1ªBAC CHARLA COÑÉCETE

15/10/2021 11:00
15/10/2021 11:50

O alumnado de 1º BAC ten unha charla, organizada polo concello, sobre o fomento da igualdade, a autoestima e as relacións saudables o venres 15-10-2021 de 11:00 a 11:50 horas

4ºESO CHARLA COÑÉCETE

15/10/2021 10:10
15/10/2021 11:00

O alumnado de 4º ESO ten unha charla, organizada polo concello, sobre o fomento da igualdade, a autoestima e as relacións saudables o venres 15-10-2021 de 10:10 a 11:00 horas

1ºBAC CHARLA COÑÉCETE

08/10/2021 10:10
08/10/2021 11:00

O alumnado de 1º BAC ten unha charla, organizada polo concello, sobre o fomento da igualdade, a autoestima e as relacións saudables o venres 8-10-2021 de 10:10 a 11:00 horas

4ºESO CHARLA COÑÉCETE

08/10/2021 09:20
08/10/2021 10:10

O alumnado de 4º ESO ten unha charla, organizada polo concello, sobre o fomento da igualdade, a autoestima e as relacións saudables o venres 8-10-2021 de 09:20 a 10:10 horas

4ºESO CHARLA LUIS DAVILA

27/09/2021 12:20
27/09/2021 13:10

O alumnado de 4º ESO ten unha charla con Luís Davila Malvido, deseñador gráfico, ilustrador e viñetista galego, coñecido polo seu traballo O Bichero para Faro de Vigo, o luns 27-09-2021 de 12:20 a 13:10 horas


1ºBAC CHARLA LUIS DAVILA

27/09/2021 11:00
27/09/2021 11:50

O alumnado de 1º de BAC ten unha charla con Luís Davila Malvido, deseñador gráfico, ilustrador e viñetista galego, coñecido polo seu traballo O Bichero para Faro de Vigo, o luns 27-09-2021 de 11:00 a 11:50 horas

AGASALLO DESPEDIDA ALUMNADO CLUB CIENCIA 2º BACH

28/06/2021 10:00
28/06/2021 23:43

O alumnado de 2º Bacharelato participante no Club de Ciencia recibe un pequeno agasallo de despedida.

               

SEGUNDO NÚMERO DO SABICHÓMETRO

 

Hoxe publicouse o segundo número d'O Sabichómetro 2.0, no que facemos un repaso polo acontecido no centro durante o segundo e o terceiro trimestres. Pódese ler picando aquí

1ºBAC RUTA EN KAIAK

22/06/2021 14:00
22/06/2021 22:00

O alumnado de 1º de BAC participante no club de ciencias do IES Cabo Ortegal realizou unha ruta en kaiak polo río Sor o 22 de xuño de 2021 de 14:00 a 22:00 horas

                 

                     

CONCURSO DE ROBÓTICA 1º BACH

16/06/2021

O departamento de Tecnoloxía organiza un concurso de robótica para o alumnado de 1º Bacharelato que cursa dita materia. O concurso consta de dúas probas: siguelineas con obstáculos e sumo.

Proba siguelineas

Proba sumo

Gañadores do concurso

 

4ºESO: REPRESENTACIÓN "POPSÍA"

25/05/2021 12:10
25/05/2021 13:30

O martes 25 de maio de 2021 de 12:10 a 13:30 horas o alumnado de 4º ESO asistirá á presentación da obra Popsía de Fran Amil.
Fran Amil, músico, compositor e produtor coruñés, estivo presente na época do rock bravú galego e formou parte de Os Papaqueixos, Ruxe Ruxe ou os Diplomáticos de Monte Alto.
“Popsía” supón un achegamento inédito que escolma poemas dende o medievo ata a actualidade, converténdoos en cancións a ritmo de rock, pop e soul, entre a máis selecta gama de xéneros musicais contemporáneos.

3ºESO e 3ºPMAR: REPRESENTACIÓN "POPSÍA"

25/05/2021 09:20
25/05/2021 11:00

O martes 25 de maio de 2021 de 09:20 a 11:00 horas o alumnado de 3º ESO e 3º PMAR asistirá á presentación da obra Popsía de Fran Amil.
Fran Amil, músico, compositor e produtor coruñés, estivo presente na época do rock bravú galego e formou parte de Os Papaqueixos, Ruxe Ruxe ou os Diplomáticos de Monte Alto.
“Popsía” supón un achegamento inédito que escolma poemas dende o medievo ata a actualidade, converténdoos en cancións a ritmo de rock, pop e soul, entre a máis selecta gama de xéneros musicais contemporáneos.

INFORMACIÓN FIN DE CURSO 2º BACHARELATO (Avaliación final ordinaria)

Unha vez rematado o curso para 2º de Bacharelato, as datas relacionadas coa publicación de notas, entrega de boletíns, revisión e reclamación das cualificacións de 2º de bacharelato, así como o período para a entrega da documentación ABAU, poderanse consultar no seguinte enlace: CALENDARIO FINAL 2º BAC.

Así mesmo, toda a información de interese para formalizar a matrícula na proba ABAU ordinaria 2021 está dispoñible no seguinte enlace: INFORMACIÓN MATRÍCULA ABAU.

Toda esta información transmitirase tamén na reunión que se manterá co alumnado o mércores 19 ás 10:30 horas na aula desdobre 2º ESO B.

As probas da avaliación final extraordinaria terán lugar entre o mércores 16 e o martes 22 de xuño. Nos vindeiros días publicarase o calendario de exames.

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

Este ano 2021 homenaxeamos a Xela Arias, poeta, tradutora e profesora, sendo a quinta muller que recibe esta homenaxe nos 58 anos de existencia da celebración.

FALLO DO I CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA EXERIA

Nas vésperas do Día das Letras Galegas 2021, os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani e do IES Illa de San Simón facemos público o fallo do xurado do I Certame de microrrelatos e fotografía intercentros Exeria:

Os traballos gañadores poden lerse picando aquí.

1ºBAC RUTA AO FUCIÑO DO PORCO

13/05/2021 10:30
13/05/2021 17:00

O xoves 13 de maio de 10:30 a 17:00 horas, o alumnado de 1º BAC realizará unha ruta ao Fuciño do Porco organizada polo Club de Ciencias do instituto.

 

3ºPMAR CHARLA IMPARTIDA POR FADEMUR

10/05/2021 16:50
10/05/2021 17:40

O alumnado de 4º ESO A ten unha charla sobre a "violencia de género" e "mitos do amor romántico" a cargo de FADEMUR o luns 10-5-2021 de 16:50 a 17:40 horas

4ºESOA CHARLA IMPARTIDA POR FADEMUR

10/05/2021 16:00
10/05/2021 16:50

O alumnado de 4º ESO A ten unha charla sobre a "violencia de género" e "mitos do amor romántico" a cargo de FADEMUR o luns 10-5-2021 de 16:00 a 16:50 horas

3ºESOA CHARLA IMPARTIDA POR FADEMUR

10/05/2021 10:10
10/05/2021 11:00

O alumnado de 3º ESO A ten unha charla sobre a "violencia de género" e "mitos do amor romántico" a cargo de FADEMUR o luns 10-5-2021 de 10:10 a 11:00 horas

4ºESO: TALLER QUÉROTE

20/04/2021 12:20
20/04/2021 14:00

O alumnado de 4º ESO asistirá a un taller sobre sexualidade impartido por Quérote o martes 20 de abril de 12:20 a 14:00 horas

3ºESO TALLER QUÉROTE

20/04/2021 10:10
20/04/2021 12:20

O alumnado de 3º ESO asistirá a un taller sobre sexualidade impartido por Quérote o martes 20 de abril de 10:10 a 12:20 horas

3ºPMAR TALLER QUÉROTE

20/04/2021 08:30
20/04/2021 10:10

O alumnado de 3º PMAR asistirá a un taller sobre sexualidade impartido por Quérote o martes 20 de abril de 08:30 a 10:10 horas

1ºBAC RUTA Á PRAIA DE AREAS NEGRAS

15/04/2021 10:30
15/04/2021 17:00

O xoves 15 de maio de 11:50 a 17:00 horas, o alumnado de 1º BAC realizará unha ruta á Praia de Areas Negras de Teixidelo organizada polo Club de Ciencias do instituto.


 

ENQUISA CONVIVENCIA ESCOLAR 2021

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal.

No marco desta Estratexia realizáronse no 2015 e no 2019 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos.

Transcorrida esta etapa é necesario elaborar unha nova estratexia de convivencia para o período 2021-2025, polo que faise necesario a realización dunha nova enquisa de diagnose de convivencia.

A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo. Cubrir o cuestionario estímase que leva uns 10-15 minutos.

Ao longo desta semana facilitarase  o código de acceso á recollida de datos, sendo a data límite para cubrir a enquisa o 29 de abril (incluído).

Nas seguintes ligazóns pódese acceder aos diferentes formularios para a recollida de datos de cada sector da comunidade educativa:

 

Agradecémoslle a súa colaboración e participación nesta recollida de datos.

4º ESO CHARLA CON ARANTZA PORTABALES

12/04/2021 16:00
12/04/2021 16:50

O alumnado de 4º ESO ten unha charla coa autora Arantza Portabales o luns 12-4-21 de 16:00 a 16:50 horas

I CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA EXERIA

A historia da peregrina Exeria é unha desas historias inspiradoras que todo o mundo debería coñecer. Viviu no século IV d.C. e nesa época iniciou unha atrevida viaxe en solitario ata a Terra Santa, Exipto e Mesopotamia. As súas impresións sobre o periplo, as paisaxes e as xentes que foi vendo durante meses foinas recollendo nun libro, o Itinerarium Egeriae.

En honor a esta curiosa e independente muller, considerada a primeira escritora galega da que temos coñecemento, os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani e do IES Illa de San Simón, en colaboración coa Biblioteca, convocamos conxuntamente o I Certame de microrrelato e fotografía Exeria. Nesta primeira edición, pareceunos que non había mellor tema para homenaxear a esta figura que as viaxes.

Pica aquí para acceder ás bases do certame.

CONCURSO SNACK EXPERIMENTS

19/04/2021 12:55
19/04/2021 12:55

O Club de Ciencia organiza o concurso 'Snack Experiments' para o alumnado de 1º Bach. O concurso consiste en gravar un video curto no que se leve a cabo un experimento breve con materiais que se teñen na casa.

  

 Vídeos finalistas

Gañadora do concurso

 

Agasallo aos participantes

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut