Novidades para o Nadal

Chegou o Nadal, e con el moito tempo de lecer para desconectar do estudo e adicarllo ás cousas que máis nos gustan. Os amigos e a familia, a videoconsola, a televisión... e, por suposto, os libros. Que mellor oportunidade que as vacacións para ler esas historias que deixamos aparacadas por falta de tempo.

Dende a biblioteca propoñemosche algunhas novidades que chegaron aos nosos andeis ao longo deste trimestre. Se che parece pouco, tanquil@, a volta haberá máis. Boas vacacións e FELIZ NADAL A tod@s!!


 

O Reino en Perigo / Herbie Brennan

Xerais, 2007


 O Reino en perigo   Henry visita o Reino dos Elfos por terceira vez, pero alí todo é diferente. Holly Blues está á fronte do Reino e parece que Lord Hairstreak quere propoñerlle unha tregua entre os elfos da noite e os elfos da luz; porén, corren rumores dunha invasión dos demos encabezada por Beleth, o Príncipe das Tebras. Mentres, o príncipe Pyrgus descubre unhas flores de cristal máxicas que inflúen no transcurso do tempo, unha arma secreta aparentemente formidable. A raíña Blue, que desconfía da rara xenerosidade do seu tío Lord Hairstreak, visita o labirinto do Mestre Especieiro para tratar de adiviñar o posible futuro do Reino. Blues, Pyrgus e Henry atoparanse inmersos nunha aventura apaixonante na que deberán loitar con todas as armas que teñen a man para protexer o Reino e garantir que o trono continúe en mans da súa lexítima raíña. O Reino en perigo é a terceira parte da serie iniciada con O portal dos elfos e seguida por O emperador púrpura, novelas fantásticas publicadas na colección Fóra de Xogo. Herbie Brennan combina maxistralmente fantasía, mitoloxía e ciencia para ofrecer un universo de aventuras trepidantes.

Dispoñible no expositor de novidades e destacados

     
 

As mans do medo / Xosé Miranda

Xerais, 2008 (3ª ed.)


 

 As mans do medo   Desde o primeiro día que puxo os pés na casa da praia comezaron a sucederlle dúas cousas que, aparentemente, parecían non estar relacionadas: empezou a proerlle, arderlle a man esquerda e comezou a pensar compulsivamente en cambiar de lugar o pozo negro. Máis tarde, notou que os dedos perderan sensibilidade e foi quedando abraiado pola súa torpeza cando cavaba un foso no Cemiterio das Pedras Brancas, onde atopará unha caixa dourada que atesoura unha man. Unha man humana, enteira, perfecta. Viva. Xosé Miranda recolle neste volume algúns dos seus mellores relatos de medo e terror. A dexeneración e rexeneración dos corpos, as vellas tradicións naturistas, os labirintos de ocultismo, o home peixe… son algúns dos temas destes contos cheos de intriga que meten ao lector dentro de cada un dos relatos e dificilmente o deixa fuxir. 

Dispoñible no expositor de novidades e destacados

 

   

 

 

A noite que Wendy aprendeu a voar/ Andreu Martín

Xerais, 2008


 A noite que Wendy aprendeu a voar  

Roger Dueso e Wendy Aguilar inician a garda cun sesenta, o código que na comisaría alerta dun asasinato, mais este caso non será de xente corrente. O homicidio levaráos a descubrir unha cámara secreta onde desapareceu unha valiosa alfaia envolta nun misterio, cuxo roubo non foi denunciado por ninguén. Esta é unha novela trepidante na que a moza policía deberá enfrontarse por si mesma con asasinos perigosos; terá que correr, loitar e facer uso da pistola; coñecerá o fondo do mar, saltará abismos pavorosos e verá a morte de moi preto. Esta será a noite na que Wendy aprenda a voar. Esta novela de Andreu Martín foi merecedora do Premio Bancaixa de Literatura Xuvenil 2007. 
XI Premi Bancaixa de Literatura Xuvenil 

Dispoñible no expositor de novidades e destacados

 

     
 

A casiña azul/ Sandra Comino

Galaxia, 2007


 

 A casiña azul   Premio Iberoamericano de Novela
A obra máis azul e conmovedora dunha das autoras máis interesantes da actual literatura infantil e xuvenil arxentina.


Cintia non é feliz. Pero a avoa Pina, a amizade especial de Bruno e os libros conseguen mitigar a súa sensación de soidade e desamparo. Todo isto e, por suposto, o misterio e a maxia que se agochan na casiña azul.

Dispoñible no expositor de novidades e destacados