Gmail detecta e ofrece publicidade en galego pero non ofrece a posibilidade de usalo na súa interfe

Aínda que Google non ofrece todos os seus servizos en galego, nin deu datas concretas sobre a súa posta en marcha na nosa lingua, é ben consciente da súa existencia. Así, se usamos o seu servizo de correo electrónico, Gmail, podemos comprobar que a publicidade contextual detectará se estamos a recibir ou escribir mensaxes en galego. En conversa con Vieiros, un representante do xigante internáutico non confirmou que a opción fose a ser dispoñibilizada a curto prazo.